Tuesday, December 13, 2005

UTOPÍA-SON

UTOPÍA-FORO CONVOCA O PRIMEIRO PREMIO DE CANCIÓN DE AUTOR
Pretendemos con este premio, dentro das nosas cativas posibilidades, apoiar e provocar a aparición de cancións e intérpretes que se aparten dos trillados e manidos camiños nos que se move iso que se debería chamar canción popular e que en realidade habería que chamar subproductos musicais comerciais.
Con esta intención UTOPÍA-FORO convoca un premio de 600 € Á mellor canción inédita en calquera estilo musical.
Desexamos que o esforzo que supón para nós organizar e conceder este premio teña unha contestación de creatividade que axude, no que poida, a devolverlle á música popular a riqueza, variedade e calidade que noutro tempo tivo, e que hoxe está abafada polos intereses de rentabilidade comercial que as multinacionais do disco conqueriron impor.
A música popular quizá sexa a arte máis degradada na actualidade. A industria discográfica, pendente única e exclusivamente dos beneficios, está a monopolizar un xigantesco mercado con cancións e intérpretes de usar e tirar. Como unha arma sonora de destrucción masiva destrúe a sensibilidade musical dun público cada vez máis alienado musicalmente ao que se lle dá cada vez máis basura para que cada vez esixa unha basura maior.
UTOPÍA-FORO pensa que é posible comezar desde abaixo unha batalla sen tregua contra todo aquilo que nos fai máis idiotas e polo tanto máis débiles, e polo tanto máis manipulables; en vez de facernos máis intelixentes, e polo tanto máis fortes, e polo tanto máis libres.
Alí onde os homes loitaron, amaron, sentiron houbo unha canción. Alí onde resitiron, onde tiveron que cantar xuntos para defenderse do medo e a barbarie, houbo unha canción. Alí onde se divertiron, bailaron e beberon, sempre houbo unha canción que lles fixo rir, que lles fixo ver as cousas que estaban no máis profundo do seu corazón. Cunha canción nos beizos pelexaron e venceron, manifestáronse e morreron, invocaron ao valor e lembraron aos seus, ás súas terras, aos seus soños, ás súas utopías.
Hoxe nese sitio só hai un inmenso barullo deseñados por executivos sen escrúpulos que pensan que canto máis axuden a embrutecer aos seus clientes máis fácil será quitarlles os cartos vendéndolle fume sonoro.
Para que renazan días nos que as palabras sobre as músicas volvan a dicir algo, a contarnos, a cantarnos, a musicar a vida.
UTOPÍA-FORO

Tuesday, October 11, 2005

UTOPIA SON - BASES




UTOPIA SON
UTOPÍA SON
1ª MOSTRA DA CANCIÓN DE AUTOR

CONVOCANSE OS SEGUINTES PREMIOS:
1º premio para a canción máis votada. “CUNCA” (trofeo) máis 600 euros.
2º premio, “CUNCA” para a canción que quede en segundo lugar nas votacións.
3º premio, “CUNCA” para a canción que quede en terceiro lugar.

Tanto a letra como a música do tema presentado deberán ser orixinais e non ter sido grabadas anteriormente nun soporte comercial.
Valoraráse a calidade e o contenido das letras.

3. No caso de que o idioma elexido non sexa o galego deberá presentarse unha adaptación ao noso idioma.

Poderánse presentar un máximo de tres temas por concursante. Tamén poderase participar na mostra UTOPÍA SON fora de concurso, facéndoo observar nas inscripción.

A inscrición é gratuita e o prazo remata o día 30 de Marzo do 2006.

6. A inscripción pódese facer no correo
utopiaforo@nodo50.org. ou no Café UF
(R/ do Pracer 19, Vigo).

Deberá adxuntarse o nome e apelidos, un número de teléfono de contacto e a letra (ou letras) da canción (ou cancións) coa que se concursa.

Cada concursante deberá facer un concerto duna duración mínima de vinte minutos no que presente sua obra, coa que participa, sendo o resto do concerto de temas orixinais ou non. A data de dito concerto será comunicada polos organizadores. Estos concertos servirán para facer unha selección previa.

Os nove seleccionados voltarán a actuar para elixir aos tres finalistas.

Os tres finalistas actuarán nun concerto final no que se elixirá o gañador e entregará-se-lles os premios.

Admitiránse cancións de todos os xéneros musicais, en calquer tipo de formación, incuída “a capela”. Os instrumentos non poderán estar amplificados.

Establecese o seguinte sistema de votación nas finais:
- 33% de votos serán emitidos polo CORO ZECA AFONSO DAS VOCES VULGARES,
- 33% de votos serán emitidos polo CAFÉ UF,
- 33% de votos emitidos polo PÚBLICO.

Os premios están subvencionados na súa totalidade e a partes iguais polo CORO ZECA AFONSO DAS VOCES VULGARES e o CAFÉ UF.