Monday, December 18, 2006

UTOPÍA SON 2

Benvidos a Utopía Son - 2.


Xa está aberto o plazo de inscripción para participar na II mostra da canción de autor no Café Uf (c/Pracer 19 Vigo).

BASES DA II MOSTRA DA CANCIÓN DE AUTOR
. CONVÓCANSE OS SEGUINTES PREMIOS:
PRIMEIRO premio para a canción máis votada, con letra orixinal en galego e música orixinal: “SIRENO” máis 600 euros.
SEGUNDO premio para musicación dunha letra non orixinal con música orixinal: “SIRENO” máis 300euros.
TERCEIRO premio para cancións con letra e música orixinais en calquer idioma: “SIRENO” máis 200euros.

. Tanto a letra como a música do tema presentados ao primeiro e terceiro premios, deberán ser orixinais e non ter sido grabadas anteriormente nun suporte comercial. Valoraráse a calidade e o contido das letras. A música de quen opte ao segundo premio deberá ser orixinal e non ter sido grabada antes nun suporte comercial.

3º. Os temas que opten ao primeiro e segundo premio deberán ser cantados en galego.

4º. Os temas que opten ao terceiro premio poderán ser cantados en calquera idioma.

5º. En calquera caso todas as letras deberán estar presentadas por escrito en galego.

. Poderáse presentar un máximo de tres temas por concursante. Tamén poderase participar na mostra UTOPÍA SON fora de concurso, facéndoo observar na inscrición.

. A inscrición é gratuita e o prazo remata o día 31 de decembro do 2006

. Para cubrir a inscrición deberán facilitarse os seguintes datos: nome (ou nomes, no caso de que sexa un grupo), estilo de música, instrumentos empregados, teléfono de contacto, e-mail e enderezo (se se teñen). A inscrición poderá facerse cubrindo este datos en utopiaforo@nodo50.org ou no café Uf (r/ do Pracer nº 19 Vigo) adxuntando a letra (ou letras) da canción (ou cancións) coa que se concursa.

. O xurado da COMISIÓN UTOPÍA SON máis o xurado do CAFÉ UF, farán unha primeira selección de participantes, tanto dos que se presentan a concurso como dos que se presentan fora de concurso. Esta primeira selección será inapelabel.

10º. Cada concursante deberá facer un concerto dunha duración mínima de vinte minutos no que presente a canción ou cancións, con que participa, sendo o resto do concerto de temas orixinais ou non. Ao longo destes concertos, os tres xurados (a COMISIÓN UTOPÍA SON, o CAFÉ UF e o VOTO DO PÚBLICO) decidirán as seis cancións que pasan a final. A data de dito concerto será comunicada telefónicamente, a cada un dos seleccionados para a final, polos organizadores da MOSTRA UTOPÍA SON.

11º. Os seis seleccionados voltarán a actuar para elixir as tres cancións do premiadas. Comunicaráselle telefónicamente esta nova data de actuación.

12º. Os tres finalistas actuarán nun concerto final no que se entregarán os premios.

13º. Admitiránse cancións de todos os xéneros musicais (folk, rock, pop, jazz, blues, hip-hop, fusións...), e en calquera tipo de formación, incluída “a capela”. A amplificación de voces e instrumentos será a mínima imprescindibel.

14º. Establécese o seguinte sistema de votación nas finais: - 33% de votos serán emitidos pola COMISIÓN UTOPÍA SON, - 33% de votos serán emitidos polo CAFÉ UF, - 33% de votos emitidos polo PÚBLICO.

15º. Os premios están subvencionados na súa totalidade pola COMISIÓN UTOPÍA SON e o CAFÉ UF.

16º. A participación na II MOSTRA DE CANCIÓN DE AUTOR, UTOPÍA SON suporá a aceptación destas bases tal e como están aquí escritas sen que caiba alegación, discusión ou reclamación nengunha. É obvio que calquera participante ten dereito a retirarse da mostra cando o vexa convinte. En tal caso pregaríase que fora comunicado ao teléfono 652 57 47 52

17º. Calquera aclaración, comunicación, información ou dúbida será feita ÚNICA E EXCLUSIVAMENTE NO TELÉFONO 652 57 47 52

PROPOSTA AO MARXE DAS BASES

Cada ano a mostra UTOPÍA SON está adicada a un autor, canción, estilo país etc.Este ano decidimos que a homenaxeada fora a canción “FIRST WE TAKE MANHATTAN” de Leonad Cohen.Pretendemos que cada participante no seu concerto faga unha versión do tema e que o público cante con el.A organización, no momento da inscripción, dará a cada participante un CD con varias versións do tema, así como a letra en Inglés e a súa adaptación ao galego. Sendo libre que cada un poida facer a súa versión no idioma que decida.Os participantes son libres de aceptar ou non este xogo. A non aceptación desta proposta non influirá en nada na súa participación no concurso da I MOSTRA DA CANCIÓN DE AUTOR UTOPÍA SON. No caso de que o participante decida non cantar a canción, a organización porá un cantante que o faga no seu lugar.

II MOSTRA DE CANCIÓN DE AUTOR UTOPÍA SON

http://www.nodo50.org/utopiaforo/

Tuesday, August 29, 2006

SOBRE OS PRÉMIOS

ANTES DE NADA GUSTARIANOS DEIXAR CLARO O SEGUINTE:


- Nos non cremos nos premios (a outra cara dos castigos)


- Non cremos na desigualdade entre os primeiros, segundos e terceiros.

- Para nos todos os participantes teñen a mesma importancia e queremos amosarlle a misma gratitude.

- Se esta mostra montouse desta forma foi sinxelamente porque non encontramos outro xeito millor de facela. Sabede que tratamos de atopar outra mais xusta e máis human. Esperamos atopala en algún momento.

- Esta mostra é un proxecto de todos, dos que hoxe están aquí e dos que estiveron. Para nos todos son gañadores, e sobre todo é a nosa música a que co esforzo de todos sae o fin gañando.

- Queremos tamén dicer que si ao longo destes tres meses de concertos escoitouse calquer palabra ofensiva para calquer persoa ou grupo foi en contra da nosa vontade e do pensamento do ben común que nos move.


A todos grazas

Thursday, August 10, 2006

Tuesday, August 01, 2006

AS CANCIONS GAÑADORAS

UTOPÍA SON
1ª MOSTRA DE CANCIÓN DE AUTOR


“ATAQUE ESCAMPE” VENCEDORES DA PRIMEIRA MOSTRA DE CANCIÓN DE AUTOR , UTOPIA SON.

Con unha grande asistencia de público celebraron-se este fin de semana o concerto dos finalistas e o concerto dos vencedores cos que se puña fin a esta PRIMEIRA MOSTRA DE CANCIÓN DE AUTOR- UTOPIA SON, que ao longo destes tres últimos meses se veu desenvolvendo no café UF de Vigo organizada polo colectivo UTOPIA FORO.

Tanto polo alto nível artístico como pola resposta do publico, podemos considerar esta primeira experiencia como un rotundo éxito.

A canción “AFGANISTÁN CANTO” composta e interpretada polo grupo santiagués ATAQUE ESCAMPE foi escollida mellor canción deste primeiro UTOPIA SON.

En segundo lugar foi escollida “SON DE BIENVENIDA”, composta e defendida polo cubano Yhosvany Palma. Un cantante que reune toda a beleza e calidade desa imensa escola de canción popular que produce Cuba desde fai moitos anos.

O terceiro lugar foi para o tema titulado “ENTRE BEIXO E BEIXO” composición de Javier Pena interpretada por Toño que estivo acompañado ao piano por Javier Núñez e polo próprio Javier Pena á guitarra. Javier Pena engade á sua profisión de arquitecto, a de excelente pintor, músico de jazz, a de compositor de maravillosos temas musicais.

Sen dúvida o grupo de “rock de série B” , como eles se definen, ATAQUE ESCAMPE apresentaron a proposta mais inovadora da mostra. O tema co que gañaron o certamen une unha letra demolidora a unha orixinalísima interpretación con un son totalmente acústico. A eleizón de público e xurados foi unánime.

ATAQUE ESCAMPE, Samuel, Miguel, Roi e Alex, son desenfado, cabreo e mordacidade. Moi interesante é o camiño que están a tentar abrir na música galega de autor. Hai moitas formas de contar e cantar as cousas, e eles optan pola menos aburrida de todas. Ese cóctel a basee de intelixéncia, descaro, denuncia e humor ten un fermoso sabor. Na sua música hai esa mistura sen complexos da que seguro estará feita a música do futuro. Son unha fermosa esperanza para a música galega.

Coa entrega das tallas trofeu realizadas polo escultor Severiano Lago e os 600 euros ao os gañadores, UTOPIA FORO convoca a

II MOSTRA DE CANCIÓN DE AUTOR- UTOPIA SON cuxo prazo de inscrición fica aberto no café UF o en

www.nodo50.org/utopiaforo.
http://www.utopiason.blogspot.com/



AS CANCIONS GAÑADORAS:


1ª “AFGANISTÁN CANTO” de Ataque Escampe


2ª “SON DE BIENVENIDA” de Yhosvany Palma


3ª “ENTRE BEIXO E BEIXO” de Xavier Pena



AFGANISTAN CANTO
Letra e música: Ataque Escampe

Sen que dicir, sen vida, sen sorte, sen temor pola morte, sen dor, amor, peito enchido de calor, subxectividade informe. Sen condenas, nen problemas, nen sequera un apotegma, sen entradas nen saídas e sen pertencer a Al Qaeda.

Sen pretender trascendencia, sen dirixir a palabra con vehemencia, sen dirixirme a min mesmo, sen ningunha intención. Terei que demandar á miña musa por non ser un avión.

Con apraxia, ataraxia, zoofilia, coprofaxia, con sentido, sen sentido, sen contido nen razón. Sen vinganza, esperanza, confianza, sen lembranza (xénero que perdeu o seu propio ismo nun abismo de matanzas)

Sen pretender trascendencia, sen dirixir a palabra con vehemencia, sen dirixirme a min mesmo, sen ningunha intención. Terei que demandar á miña musa por non ser un avión.

E sen que chorar, sen alma, sen algo nen nada, sen berrar nen máis nen menos e sen lacón con grelos. E sen nenas e sen nenos e sen kalashnikov.

(Afganistán canto, levanto, zona cero espanto. Manto de amantes, morres ti pero eu non, pero non te contentes, diamante contante e sonante: revitaliza o corpo e mente, un paso adiante, detente, mamón)

Sen pretender trascendencia, sen dirixir a palabra con vehemencia, sen dirixirme a min mesmo, sen ningunha intención. Terei que demandar á miña musa por non ser un avión.




“SON DE BIENVENIDA”
Letra e música de Yhosvany Palma

Pequeño niño nacerás
Mas sensitivo que el clavel
Vendrás regándome la paz
Para mi alma de corcel

Serás la luz me abrigarás del viento
Mi libro, mi árbol, mi fruto mi sueño
Niño te canto para acercar tu tiempo
Niño te canto lo que te estoy queriendo

Revolucióname la vida, revolucióname...

Ya me tejí una canción
Sobre los ojos del mundo
Le di color a la flor
Que bienvenirá tu rumbo

Al precio de otra canción
A riesgo de la incoherencia
Hago este intento de son
Para alumbrar tu inocencia

Me crecerá tu jardín
Entre la espina y la oruga
Pero sabemos que así
La rosa nace más pura

Y si algún día este mundo
Incomprendiera tu voz
Que nos condenen juntos
O nos salvamos los dos

Revolucióname la vida
Revolucióname
Revolucióname la vida
Revoluciona




“ENTRE BEIXO E BEIXO”
Letra e música de Xavier Pena

Non me pidas cando estou contigo
Ser feliz
Feliz de todo

Non me pidas cando estou contigo
Ser feliz
Porque non podo

É que entre beixo e beixo que nos damos
Afunde unha pateira
É que entre beixo e beixo que nos damos
Reventa un coche bomba
É que entre beixo e beixo que nos damos
Matan nenos agora
É que entre beixo e beixo que nos damos
Corre o sangue fora
Corre o sangue fora

Non me pidas cando estou contigo
Ser feliz
Feliz de todo

Non me pidas cando estou contigo
Ser feliz
Porque non podo

É que entre beixo e beixo que nos damos
Se invaden os paises
É que entre beixo e beixo que nos damos
Se contamina a terra
É que entre beixo e beixo que nos damos
Matan nenos agora
É que entre beixo e beixo que nos damos
Corre o sangue fora
Corre o sangue fora
Corre o sangue fora

PRESENTACIÓN FINAL

Benvidos a Utopia Son a 1ª Mostra de Cancion de autor organizada polo café Uf, o coro Zeca Afonso das Voces Vulgares, e o foro Utopía.

Xa estamos na última etapa desta mostra. Pero aínda nos queda tempo de disfrutar dos tres finalistas, que hoxe tocan como representantes da calidade e o bo facer de todos os cantautores que foron pasando polo esceario durante estes tres meses.
Gustaríanos poder transmitirvos con palabras a enorme satisfacción de todos os que traballamos nesta Mostra. A moitos, hai un ano, a idea lles pareceu unha locura, pero aínda así decidimos corre-lo risco por unha boa idea. Hoxe Utopía Son é unha realidade, e para nos unha ilusión ver que o traballo (aínda que seguro se puido facer mellor) mereceu a pena. Non se pode apoiar a canción de autor, se os cantautores non nos apoian. E neste primeiro paso, atopamos que non camiñamos sós.
Eles coa súa participación, a altísima calidade de letras, música, voces, a súa calidade humana, en resumo, co seu apoio conseguiron que Utopía Son deixase de ser unha Utopía. Moitisimas gracias a todos e cada un deles.
E en especial, ós oito grupos que tocaron no concerto de onte, porque nos deron unha lección de compañerismo, disfrutando cos concertos do resto dos participantes, formando grupo, intercambiando teléfonos, construíndo ese punto de encontro que a mostra pretendía ser. Ademáis da seriedade, entrega e respeto polo proxecto.
Tamén moitas gracias tamén a Xulio polas súas grabacións, e a o escultor Severiano Lago por facer as tallas que logo veredes e doalas para axudar co proxecto.

FINAL DA 1ª MOSTRA DE CANCIÓN DE AUTOR



VENRES 28 DE XULLO ÁS 23 h: Concerto dos finalistas:

Julián Rodríguez: Ven a representar o cantautor clásico:unha voz, unha guitarra, textos profundos e comprometidos, e a emotividade que dá cantar dende o corazón ao corazón de todos. É emocionante escoitalo e sentilo. Parece ser que levaba tempo sen cantar, agardamos que non se rinda e continúe regalándonos as súas cancións. A él grazas e a vos decirvos que o animedes a seguir.

Xavier Pena: Arquitecto, pintor, compositor, músico de jazz, e autor dos dous fermosos temas que presenta nesta mostra. O lirismo melancólico de un, e a desgarrada denuncia do outro compoñen dous exemplos de cómo facer asequible a todos a boa música: sobre unha aparente sinxeleza se agacha a complexidade da creación intelixente e auténtica. Para interpretar os seus temas colleu a parte do seu grupo de jazz: a portentonsa voz de Toño e o intenso piano de Xavier.

Ataque Escampe: eles son o xoven desenfado, cabreo e mordacidade. Parécenos moi interesante ese camiño que deberá abrir na música galega de autor. Hai xeitos de dicer as cousas, e de cantalas, eles optan pola menos aborrecida de todas. Ese cóctel a base de intelixencia, descaro, denuncia e humor pode chegar a ter un sabor maravilloso. Na súa música hai esa mistura sen complexos da que seguro estará feita a música no futuro. Cremos que son unha fermosa esperanza musical para esta Terra.

Diego Freire: Quizáis o misterio que se agacha detrás desta cidade, da que todos falan mal e da que ninguén quere separarse, sexa que ten unha ialma subxugante. E gran parte desa ialma é obreira. Obreiros que levantaron esta cidade, que loitaron e cantaron. Sempre cantaron, nas tabernas e nas fábricas, nas manifestacións e nas festas. De todos os barrios de Vigo, sen dúbida, o máis obreiro é Cabral, de ahí ven Diego Freire. Para nos representa a esa tradición popular, de canción directa, auténtica e autodidacta, que aparece contra todo, a pesares de todo, e contra todo pronóstico. Desexamos que a súa presencia hoxe eiquí convirtase nunha homenaxe a esa tradición da que tan orgullosos nos sentimos.

Xosé Constenla: Para nós el representa a canción de autor galega, non só por estar feita en Galiza, se non con conciencia de ser galega. Forza, autenticidade, compromiso co seu pobo e a súa xente, calidade nos textos e unha interpretación directa e efectiva que conecta inmediatamente co público. Esperamos que se convirta no noso Raimon ou no noso Mikel Laboa, ou simplemente no noso.

Samuel Leví: representa unha proposta que encadraríamos dentro dun pop de calidade. Letras coidadas e melodías inspiradas e ben interpretadas. A súa postura cosmopolita, a consciente opción polo castelán, a gran capacidade de traballo na música e a súa ambición como cantante, sitúano nas mellores condicións para que alcance o seu soño.

Días Descalzos: déixannos admirados coa calidade das suas voces e os seus arranxos musicais. Á fermosa voz do solista únense uns maravillosos coros, engadámoslle o son do chelo, o piano e as guitarras e teremos un fascinante resultado. Grupo de recente formación esperamos que continúen nese empeño de calidade, sensibilidade e beleza no que se embarcaron.

Yhosvanny Palma: Cremos que, xunto coa canción dos folksingers americanos, a canción cubana representa os dous hitos mais importantes da canción de autor do último século, sobre todo despois da aparición da Nova Trova Cubana. Cuba segue producindo unha pléiade de cantantes poetas, de trovadores, de fermosas cancións que seguen asombrándonos e emocinandonos. Yhosvany vén de Cuba e con el trae todo ese inmenso acervo musical, esa forma de cantar e dicer nas que se crecoñece a voz dos seus xenias compatriotas.


Despois de tres meses de concertos, os tres xurados de UTOPÍA-SON, seleccionaron ós oito finalistas que o venres 28 de Xullo, ás 22:30 h mostrarán nun concerto as cancións das que sairán as gañadoras. Por sorteo, a orde da actuación será a seguinte:


JULIÁN RODRÍGUEZ
JAVIER PENA
SAMUEL LEVÍ
ATAQUE ESCAMPE
XOSE CONSTENLA
DÍAS DESCALZOS
DIEGO FREIRE
YHOSVANNY PALMA


Cada un deles interpretará dous temas que serán votados por parte do público, que se lle unirá ao voto emitido polo café uf e polo Coro Zeca Afonso das Voces Vulgares.
O Sábado 29 de Xullo, ás 23:30 h, os tres gañadores realizarán un concerto e de seguido se lles entregarán os premios.

Tuesday, July 25, 2006

19º Concerto "Alberto Lopez"

Domingo 22 de xullo ás 23´30 h. no Café UF R/Pracer 19 Vigo

Alberto Lopez
Cancións:
“Tan solo una voz”

Tuesday, July 11, 2006

18º Concerto "Javier Pena"

Venres 21 de xullo ás 23 h. no Café UF R/Pracer 19 Vigo

Javier Pena
Cancións:
  • ENTRE BEIXO E BEIXO
    Letra e música de Javier Pena

    Non me pidas cando estou contigo
    Ser feliz
    Feliz de todo

    Non me pidas cando estou contigo
    Ser feliz
    Porque non podo

    É que entre beixo e beixo que nos damos
    Afunde unha pateira
    É que entre beixo e beixo que nos damos
    Reventa un coche bomba
    É que entre beixo e beixo que nos damos
    Matan nenos agora
    É que entre beixo e beixo que nos damos
    Corre o sangue fora
    Corre o sangue fora

    Non me pidas cando estou contigo
    Ser feliz
    Feliz de todo

    Non me pidas cando estou contigo
    Ser feliz
    Porque non podo

    É que entre beixo e beixo que nos damos
    Se invaden os paises
    É que entre beixo e beixo que nos damos
    Se contamina a terra
    É que entre beixo e beixo que nos damos
    Matan nenos agora
    É que entre beixo e beixo que nos damos
    Corre o sangue fora
    Corre o sangue fora
    Corre o sangue fora

17º Concerto "Xavier Rey"

Xoves 20 de xullo ás 23 h. no Café UF R/Pracer 19 Vigo

Xavier Rey
Cancións:
  • REFLEXIÓN NA FRONTEIRA
    Letra e música: Xabier Rey

    Asfalto, fume e choiva áceda
    promesas pra vivir mellor
    ou verde, azul, profundidade.
    Horizonte na lonxanía.
    Competición, apariencia,
    Sonríe e se choran, xira a cabeza
    ou familia, comunidade pero moitas bocas
    que alimentar, e de novo a fronteira.

    Miro hacia atrás, xa non haberá máis dor
    que ata hoxe me abrigou
    e fai tanto frío...

    Olas que me leven á orilla ou á
    profunda escuridade.

    Salgo de novo a buscar bolboretas na tormenta.
    Voa esperanza, o meu corazón de néctar te
    poderá alimentar.
    E qué será do que sembrei?
    Quen me axudará a non perecer?

  • END OF OUR TIME (FIN DO NOSO TEMPO)
    Letra e música: Xabier Rey

    Se só pudiera volver atrás e vivir de novo
    o último ano da miña vida...
    Non quero que pasen os días, non quero
    atascarme no pasado, só quero seguir adiante
    ó teu lado...

    Non me fagas decir que non queda nada,
    que o tempo só pasou
    porque non olvidarei o que me fixeches
    aprender, o que non volverei a vivir
    outra vez.
    E quen me suxeitará a man,
    quen durmirá nas nosas camas,
    quen se tumbará na arca.
    Non quero a nadie excepto a ti
    nadie coma ti
    porque nadie excepto ti me quere desa maneira

    Agardo que nos atopemos de novo antes de que
    o tempo poida decir que todo rematou.
    O sol baixa e ti non estás ó meu carón.

16º Concerto "Diego Freire"

Mercores 19 de xullo ás 23 h. no Café UF R/Pracer 19 Vigo

Diego Freire
Cancións:
  • OSCURIDAD Y LUZ
  • PIDO PERDÓN
  • DONDE VA EL VENENO

15º Concerto "Julien Carballo Castro"

Martes 18 de xullo ás 23 h. no Café UF R/Pracer 19 Vigo

Julien Carballo Castro
Cancións:
¿QUEN PODE SER?
Letra e música: Julián Carballo Castro

Cada novo amanecer esperto
buscando unha razón,
¿Por qué sempre está o perfecto
na miña imaginación?
Acaso non sei
mirar ó meu arredor,
valorar as cousas que temos
e esquecerme de toda ilusión.

Sempre espero a laguen
que sexa a áncora
desta embarcación.
Navegando vou pola vida
e sen imaxinar
que ti
podes ser,
o acorde da miña melodía,
a tríada perfecta que encaixe
na miña nobre e humilde canción.

¿Quen pode ser?
¿Quen será
a miña outra metade?
Ti podes ser,
¿quen saberá?
Só eu vexo en ti
a verdade.

Se o meu destino es ti,
que espero eu,
darche o mellor.
O meu soño xa é unha canción
e ti serás
a única dona do meu
corazón.

ANGUSTIA DUN SINSONTE
Letra e música: Julián Carballo Castro

Un sinsonte baila nunca palma
está alegre, aínda que está moi triste.
No seu niño está caendo auga.
Baila, voa e ri
se o viches.

Por culpa dunha parva palabra
esmagouse a calma,
e brotou o limón
que amarrou a súa cara
e apagou a sua voz.

Baila, ri,
voa meu cantor.
Canta o meu sinsonte,
adoza a túa voz.
Son pan do teu trino,
luz da túa cor.

Na noite está intranquilo o niño,
de espiña é a cama,
dorme o meu cantor.
Vibra a corda doída
para alegrar o bohío
nace esta canción do río,
acéndese a miña voz.

Baila, ri,
voa o meu cantor.
Canta o meu sinsonte,
adoza a túa voz.
Son pan do teu trino,
luz da túa cor.

ALMA TORCIDA
Letra e música: Julián Carballo Castro

Desgastando as miñas solas
sobre un vello adoquín
e coa alma torcida polas sombras,
arrastro o meu corpo cara a un sitio alá na luz
que ilumine a miña alma
e desempoe o meu brazo.

Detido xa no tempo
escóndense as musas para pernoctar,
afogando o silencio,
borrando o limiar.

Primas ti
raiña da noite,
que co teu manto de escuezo
cobres a luz
que dá vida ao meu xardín.

Terpsícore,
acaricia os meus oídos,
sacude este corpo frío
que deixou de vibrar.
Terpsícore,
sálvame deste silencio.
Non me deixes na escuridade.
Non me deixes na escuridade.
Sementa na miña alma un xirasol.

Monday, July 10, 2006

14º Concerto "Andres Gonzalez Shuttleworth"

Venres 14 de xullo ás 23 h. no Café UF R/Pracer 19 Vigo


Andrés González Shuttleworth
Cancións:
  • CRAVADA NOS OLLOS
    Letra e música: Andrés González Shuttleworth

    Un home espertou despois dun longo soño:
    o mar ante os seus ollos
    en deserto tornou,
    a serpe que levaba en lanza voltou.
    O home sen dubidalo axeonllouse e a portou.

    Leva maxia cravada nos ollos
    leva maxia colgada no pescozo.

    Un pobo asulagado saiu a terra outra vez,
    o home coa súa lanza encheuno de prez.
    Pasaron cen anos e o home morreu,
    o pobo ardeu e coma un fénix renaceu.

    Levan maxia cravada nos ollos,
    levan maxia colgada no pescozo.

    O pobo mirou ó mundo, o mundo mirou ó pobo
    partiron a lanza e repartiron a plata.
    O pobo tornou mundo, o mundo tornou pobo.
    Alí onde partiron a lanza comezou a esperanza.

    Levamos maxia cravada nos ollos,
    levamos maxia colgada no pescozo.

  • TRAVESÍA DO CORAZÓN
    Letra e música: Andrés González Shuttleworth

    Lume, terra, auga, aire.
    Lume, mente colectiva
    aínda que torne cobarde
    non me separo da vida.
    Cun sorriso luminoso
    as últimas luces do porto.
    Unha vez que embarco
    fago toda a marea convosco.

    Travesía do corazón
    florecín no mar
    rebelde das tormentas
    ventos da ilusión.

    Atopei na madrugada
    unha illa perdida
    metida nunca gaiola
    no fondo do mare.
    Quero facela miña
    pero quedan en diante
    moitos meses de mare
    unha longa travesía.

    Travesía do corazón
    florecín no mar
    rebelde das tormentas
    ventos da ilusión.

  • EU T’AMEI
    Letra e música: Andrés González Shuttleworth

    O ceo rachaba
    e o val era douro.
    Entón eu souben
    que xa non era teu.
    E aínda que camiñes soa
    non me podes dicir
    que eu te esquecín.

    Que me leve o demo se non te amei.
    Que me leve o demo ó inferno con él.

    A túa vida é preciosa
    a miña unha podida.
    Fun levado da man
    como unha nena perdida.
    E no teu corazón
    xa non hai perdón.
    Pero non me podes dicir
    que son un ladrón.

    Que me leve o demo se non te amei.
    Que me leve o demo ó inferno con él.

    As estrelas dixeron
    que non era eu.
    Foi o amor o que me cegou.
    E agora que estás
    lonxe de min
    non me podes decir
    que eu non sentín.

    Que me leve o demo se non te amei.
    Que me leve o demo ó inferno con él.

13º Concerto "Fermín Domeque"

Mércores 12 de xullo ás 23 h. no Café UF R/Pracer 19 Vigo

Fermín Domeque
Cancións:
“GAIVOTA”
Letra e música: Fermín Domeque

Parta o mar.
Muitas gaivotas.
Míranse voar.
Buscando peiriños.
Que queren tragar.
Esperando o barco.
Esperando o barco.
Que volva zarpar.

Gaivota.
Que voa e voa.
Buscando o peixe.
No mar...
Gaivota.
Que sigue o rumbo.
Do barco.
Ao navegar...
Gaivota.
Que voa e voa.
Teu vo.
Vaiche cansar.
Dime si perdes.
O rumbo.
Os peixes.
Vanche tragar.

Agora chega.
O barco.
Ven de pescar.
Tras moitos peiriños.
Para o noso lar.
E cando descargue.
Veranse voar.
Moitas gaivotas.
Moitas gaivotas.
Voando no mar.

Gaivota.
Que voa e voa.
Buscando o peixe.
No mar...
Gaivota...
Que sigue o rumbo.
Do barco.
Ó navegar...
Gaivota.
Que voa e voa.
Teu vo.
Vaiche cansar.
Dime si perdes.
O rumbo.
Os peixes.
Vanche tragar.



“O MARIÑEIRO”
Letra e música: Fermín Domeque

Eu son, o Mariñeiro.
Eu son, o mariscador.
Eu son, da Ria de Vigo.
Para, todos o mellor.

Collo meu barquiño.
Voume navegar.
A ria de Vigo.
Que é, porto do mar. Bis

Un centolo, xa pesquei,
Un centolo, traio eiquí.
Unha nécora tamén.
E cigalas para ti. Bis.

Rema que rema, Mariñeiriño.
Rema que rema, que rema eisí.
Rema que rema, Mariñeiriño.
Estou chegando a Vigo.
Meu amor, o teño alí. Bis.

“EN VIGO NACEU MEU LAR”
Letra e música: Fermín Domeque

En Vigo, naceu en Vigo
En Vigo, naceu meu lar
En Vigo, naceu en Vigo
En Vigo, porto do mar
Porto de mar

Os mariñeiros
Saen de pesca
Rumbo das Cíes
Para ir a pescar

E cando veñen
Veñen contentos
Chegan a Vigo
Que é o meu lar

En Vigo, naceu en Vigo
En Vigo, naceu meu lar
En Vigo, naceu en Vigo
En Vigo, porto do mar
Porto de mar

O berbexiño
E nais a Guía
E o castriño
Que cousas son
Sempre metidas
No meu corpiño
Con gran cariño
E ilusión

Tuesday, July 04, 2006

12º Concerto "Yhosvany Palma"

Venres 7 de xullo ás 23 h. no Café UF R/Pracer 19 Vigo


Yhosvany Palma

Cancións:
  • A Favor
  • En la llovizna
  • Son de Bienvenida

11º Concerto "Servando Barreiro"

Mercores 5 de xullo ás 23 h. no Café UF R/Pracer 19 Vigo

Servando Barreiro

Wednesday, June 21, 2006

10º Concerto "Samuel Leví"

Sábado 1 de xullo ás 23 h. no Café UF R/Pracer 19 Vigo
Samuel Leví

Cancións:
  • Samuel AcUSA
  • Así nos va
  • Calles vacías

Friday, June 16, 2006

9º Concerto "Julián Rodriguez

Venres 30 de xuño ás 23 h. no Café UF R/Pracer 19 Vigo
Julián Rodriguez


Cancións:
  • SERÁN CEIBES
    Letra e música: Julián Rodríguez González

    Somos tan homes que xa non imos ó circo,
    somos tan serios que divertímonos matando.
    Que será dos tolos cando morramos,
    que será dos coxos cando morrámos.
    Serán ceibes...

    Somos tan sabios que nunca trabucamonos,
    somos tan nobres que querémonos odiando.
    Qué será dos babecos cando morramos,
    que será dos cegos cando morramos.
    Serán ceibes...

    Somos tan bos que alguén nos chama viláns,
    tan valentes que nada pode asustarmonos.
    Que será dos presos cando morramos,
    que será dos nenos cando morramos.
    Serán ceibes...
  • RAIO DE LUZ
    Letra e música: Julián Rodríguez González

    Atrapei un raio de luz
    cando menos o esperaba.
    Andaba distraido e colouse
    pola ventá.
    Dixome que foi estrela fugaz
    que os desexos pesábanllele
    que está triste, enfermo
    e non é nada.

    Non te morras, leváme primeiro á fronteira.
    Pídocho, raio de luz
    que un día foches cometa.
    Cega, eiquí a vida quedouse cega.
    Dígocho, raio de luz
    que fuches Deus e eres poeta.

    Atrapei un pedazo de azul
    cando menos o esperaba.
    Viña perseguindo unha estrela
    que se lle escapaba.
    Díxome que antes foi acuarela
    e que sen a súa luz xa non é nada
    tan só escuridade
    tódalas noites e mañás.

    Quixera coñecer tódolos teus planetas.
    Pídocho, raio de luz
    que un día fuches cometa.
    Quen queira ser astronauta
    a vida enteira,
    que consiga un raio de luz,
    un deus ou un poeta.

  • O QUE TI QUEIRAS
    Letra e música: Julián Rodríguez González

    Non penso limparme dos pes as areas,
    cando suba da praia ó teu salón,
    fun a onda esmagada contra as pedras,
    fun a folla que o vento sube ó sol.
    Agora son, o que ti queiras.

    Hoxe que me clasifiquen como queiran,
    coma o home do campo ou da cidade,
    fun a lapa que prendeu o teu bosque,
    fun o neón encol do capó dun coche.
    Agora son, o que ti queiras.

    Tiven a vida dunha bolboreta,
    a dun can, un lobo, un gabián,
    fun a furada do sonriso mentireiro,
    fun a pluma dun pavón.
    Agora son, o que ti queiras.

    Mancharei de sangue o pomo da porta,
    cando o venres chegue de traballar,
    fun na guerra un renxer de ósos,
    fun o brión que medra dos mortos.
    Agora son o que ti queiras.
    O que ti queiras.

Wednesday, June 14, 2006

Audicións e filmes

  • Filmacións de Cantautores:

    LEONARD COHEN: Martes 20 de Xuño
    PAOLO CONTE (I): Mércores 21 de Xuño
    PAOLO CONTE (II): Xoves 22 de Xuño
    PETER GABRIEL: Martes 27
    STING: Mércores 28
    MARIANNE FAITHFULL: Xoves 29

    MANU CHAO: Martes 4 de xullo
    CAMARÓN(I): Mércores 5
    CAMARÓN(II): Xoves 6
    SIVAN PERWER (kurdistan): Mércores 12
    OM KALSOUM (Exipto): Xoves 13
    YOUSSU N'DUR (Senegal): Martes 18
    SAIF KEITA (Mali): Mércores 19
    BJORK (Islandia): Xoves 20
Todos os pases son ás 20,30h. no Café Uf
  • Audiciós: 8 Horas con...


LEONARD COHEN: 20 de xuño
CANTAUTORES KURDOS/TURCOS: 27 de xuño
CANTAUTORES AFRICANOS: 4 xullo
CANTAUTORES LATINOS: 11 DE XULLO
  • Cine e Canción:
"LITTLE VOICE". Mark Heman, 1998(96'): 25 de xuño
"BAGDAG RAP". Arturo Cisneros, 2004(75)`: 2 de xullo
"PINK FLOD: THE WALL". Alan Parker, 1982(95') : 9 de xullo
"SEVILLA CITY": 11 de xullo
"LATCHO DROM". Tony Gatlif, 1992: 16 de xullo
"EN LA CUERDA FLOJA". James Mangold, 2005 (2h.16') : 23 de xullo
"ESTA VIVI, BIEN Y VIVE EN PARÍS". Dennis Heroux, 1975 (90'): 30 de xullo
Todos os pases son os domingos ás 20h.

8º Concerto "Días Descalzos"


Sábado 17- 6 - 06 ás 23 h. no Café UF R/Pracer 19 Vigo


Días Descalzos
Cancións:
  • QUIXERA
    Letra e música: Días descalzos

    Quixera que foran outros,
    ou a sombra dunha aciñeira,
    que se encargara a chuvia
    do naufragio dos meus días.

    Quixera que os azuis
    que lle roubos ós espellos
    se acumulen no tempo
    e destinxan os meus sonos.

    Pero o certo é que é a dúbida,
    a vixilia e a tormenta,
    os ocos e os costumes,
    as miras e as portas.

    Quixera a nulidade
    das rúas e desertos,
    de chemineas e fumes,
    de pasteis e cemento.

    Quixera unha ferida soa
    que fure o tronco enteiro;
    que non me vaia secando
    con cen fendas que non agardo.

    Pero o certo é o medio
    entre a terra e o ceo,
    entre a noite e o día,
    entre o meu teito e o chan.
  • QUE FACER
    Letra e música: Días descalzos

    Que facer
    se nuns anos voltamos a atoparnos?
    Que facer
    se nese tempo os dous cambiamos?

    Cantas fotos e mentiras
    que alegran os nosos días
    e facíannos pasar as horas fuxindo
    da monotonía

    E quen
    non se preocupa do irrecuperable?
    Quen
    non añora o que tivo e perdeu sen máis?

    Correndo polas rúas,
    buscando nos recunchos,
    e vai pasando o tempo
    e queda atrás.

    E agora que tomei asento,
    recuperado o alento,
    agora que non busco
    atopo con facilidade.
    Agora que parou o tempo,
    Qque lembro por momentos,
    vago e camiño no futuro
    sen mirar atrás.

    E que facer
    cando te mire e lembre o que tive
    e valore o que obtiven
    e non saiba reaccionar?

    E a miña dúbida e a miña ledicia
    confundan os meus pensamentos
    e volva a perdelo todo
    como aquela vez.
  • VECIÑO DE SOIDADE
    Letra e música: Días descalzos

    De postre as natillas con indiferencia,
    de noite as pastillas de aguantar a súa ausencia
    e lisquei as dez
    sen deixar nen unha pegada da miña pel.

    Segundo andar fronte á súa casa vivo
    mais ela non sospeita do que son testemuña:
    de cada un dos seus xestos de preocupación.
    Deixou a súa ironía, estrea dor.

    Como as ganas de poder berrar
    quéimanme os ollos de vela chorar
    mais a rúa entre os dous
    mais a rúa entre os dous.
    Son veciño de soidade.

    Onte á noite na fiestra cambiou o seu sillón,
    luces acendidas no seu cuarto,
    fume nas miñas cortinas desfacéndose.
    Non podo oir o seu berro lembrándome.

    Como as ganas de poder berrar
    quéimanme os ollos de vela chorar
    mais a rúa entre os dous
    mais a rúa entre os dous.
    Son veciño de soidade.

    Enfronte hoxe xa me ve como a vexo eu,
    os ollos confúndense co corazón.
    Mais a rúa entre os dous
    mais a rúa entre os dous.
    Son veciño da soidade.

    Como as ganas de poder berrar
    queimanme os ollos de tanto chorar.
    Mais a rúa entre os dous
    Mais a rúa entre os dous
    da man de soidade.


Tuesday, June 06, 2006

NOVOS PARTICIPANTES E MODIFICACIÓNS

  • ÚLTIMOS PARTICIPANTES EN ANOTAR-SE
    E NOVAS ACTUACIÓNS:


    Samuel Leví, Sabado 1 de Xullo ás 23h.
    Yhosvanny Palma, Venres 7 de Xullo ás 23h.
    Pillo Astuto, Sabado 8 de Xullo ás 23h. (CANCELADO)
    Fermín Domeque, Mercores 12 de Xullo ás 23h.

  • MODIFICACIÓNS:

    Cantautor-Mix DJ. Cato, Xoves 15 de Xuño ás 23h.

    Servando Barreiro Fernández, Mércores 5 de Xullo ás 23h.

    Julien Carballo Castro, Martes 18 de Xullo ás 23h.

  • Exposición e audición :

    VINILOS E CDs de canción de autor até o 30 de agosto.






  • ACTUACIÓNS FORA DE CONCURSO:

JAZZUF=MCX² : Xavier Pena: Guitarra
Xavier Núñez: Piano
Silvia Costas: Voz
Mikel Feijóo: Baixo


3 de xuño, 22 de xullo e 5 de agosto ás 23,30h.

SAXMACHINE:

Sabado 10 de xuño ás 23,30h.

DJ.CATO

.Xoves 15 de xuño ás 23h.

SAMUEL LEVÍ:
Diego y Samuel

22 e 29 de xuño ás 20 e 23,30h.

6 e 13 de xullo ás 20 e 23,30h.

4 de agosto ás 23,30h.- 5 de agosto ás 20,00h.- 11 e 12 de agosto ás 23 e 20h.- 18 e 19 de agosto ás 20h. e 23,30h.- 26 de agosto ás 20,00h.

JAZZ-TÉTE:

Yago Vázquez ; teclado
Jaime Garrido ; baixo
Ramiro Blanco ; batería
Felipe Villar ; guitarra

24 de xuño ás 23,30h.- 15 de xullo ás 23,30h.- 19 de agosto ás 23,30h.