Monday, December 18, 2006

UTOPÍA SON 2

Benvidos a Utopía Son - 2.


Xa está aberto o plazo de inscripción para participar na II mostra da canción de autor no Café Uf (c/Pracer 19 Vigo).

BASES DA II MOSTRA DA CANCIÓN DE AUTOR
. CONVÓCANSE OS SEGUINTES PREMIOS:
PRIMEIRO premio para a canción máis votada, con letra orixinal en galego e música orixinal: “SIRENO” máis 600 euros.
SEGUNDO premio para musicación dunha letra non orixinal con música orixinal: “SIRENO” máis 300euros.
TERCEIRO premio para cancións con letra e música orixinais en calquer idioma: “SIRENO” máis 200euros.

. Tanto a letra como a música do tema presentados ao primeiro e terceiro premios, deberán ser orixinais e non ter sido grabadas anteriormente nun suporte comercial. Valoraráse a calidade e o contido das letras. A música de quen opte ao segundo premio deberá ser orixinal e non ter sido grabada antes nun suporte comercial.

3º. Os temas que opten ao primeiro e segundo premio deberán ser cantados en galego.

4º. Os temas que opten ao terceiro premio poderán ser cantados en calquera idioma.

5º. En calquera caso todas as letras deberán estar presentadas por escrito en galego.

. Poderáse presentar un máximo de tres temas por concursante. Tamén poderase participar na mostra UTOPÍA SON fora de concurso, facéndoo observar na inscrición.

. A inscrición é gratuita e o prazo remata o día 31 de decembro do 2006

. Para cubrir a inscrición deberán facilitarse os seguintes datos: nome (ou nomes, no caso de que sexa un grupo), estilo de música, instrumentos empregados, teléfono de contacto, e-mail e enderezo (se se teñen). A inscrición poderá facerse cubrindo este datos en utopiaforo@nodo50.org ou no café Uf (r/ do Pracer nº 19 Vigo) adxuntando a letra (ou letras) da canción (ou cancións) coa que se concursa.

. O xurado da COMISIÓN UTOPÍA SON máis o xurado do CAFÉ UF, farán unha primeira selección de participantes, tanto dos que se presentan a concurso como dos que se presentan fora de concurso. Esta primeira selección será inapelabel.

10º. Cada concursante deberá facer un concerto dunha duración mínima de vinte minutos no que presente a canción ou cancións, con que participa, sendo o resto do concerto de temas orixinais ou non. Ao longo destes concertos, os tres xurados (a COMISIÓN UTOPÍA SON, o CAFÉ UF e o VOTO DO PÚBLICO) decidirán as seis cancións que pasan a final. A data de dito concerto será comunicada telefónicamente, a cada un dos seleccionados para a final, polos organizadores da MOSTRA UTOPÍA SON.

11º. Os seis seleccionados voltarán a actuar para elixir as tres cancións do premiadas. Comunicaráselle telefónicamente esta nova data de actuación.

12º. Os tres finalistas actuarán nun concerto final no que se entregarán os premios.

13º. Admitiránse cancións de todos os xéneros musicais (folk, rock, pop, jazz, blues, hip-hop, fusións...), e en calquera tipo de formación, incluída “a capela”. A amplificación de voces e instrumentos será a mínima imprescindibel.

14º. Establécese o seguinte sistema de votación nas finais: - 33% de votos serán emitidos pola COMISIÓN UTOPÍA SON, - 33% de votos serán emitidos polo CAFÉ UF, - 33% de votos emitidos polo PÚBLICO.

15º. Os premios están subvencionados na súa totalidade pola COMISIÓN UTOPÍA SON e o CAFÉ UF.

16º. A participación na II MOSTRA DE CANCIÓN DE AUTOR, UTOPÍA SON suporá a aceptación destas bases tal e como están aquí escritas sen que caiba alegación, discusión ou reclamación nengunha. É obvio que calquera participante ten dereito a retirarse da mostra cando o vexa convinte. En tal caso pregaríase que fora comunicado ao teléfono 652 57 47 52

17º. Calquera aclaración, comunicación, información ou dúbida será feita ÚNICA E EXCLUSIVAMENTE NO TELÉFONO 652 57 47 52

PROPOSTA AO MARXE DAS BASES

Cada ano a mostra UTOPÍA SON está adicada a un autor, canción, estilo país etc.Este ano decidimos que a homenaxeada fora a canción “FIRST WE TAKE MANHATTAN” de Leonad Cohen.Pretendemos que cada participante no seu concerto faga unha versión do tema e que o público cante con el.A organización, no momento da inscripción, dará a cada participante un CD con varias versións do tema, así como a letra en Inglés e a súa adaptación ao galego. Sendo libre que cada un poida facer a súa versión no idioma que decida.Os participantes son libres de aceptar ou non este xogo. A non aceptación desta proposta non influirá en nada na súa participación no concurso da I MOSTRA DA CANCIÓN DE AUTOR UTOPÍA SON. No caso de que o participante decida non cantar a canción, a organización porá un cantante que o faga no seu lugar.

II MOSTRA DE CANCIÓN DE AUTOR UTOPÍA SON

http://www.nodo50.org/utopiaforo/

No comments: