Tuesday, August 01, 2006

AS CANCIONS GAÑADORAS

UTOPÍA SON
1ª MOSTRA DE CANCIÓN DE AUTOR


“ATAQUE ESCAMPE” VENCEDORES DA PRIMEIRA MOSTRA DE CANCIÓN DE AUTOR , UTOPIA SON.

Con unha grande asistencia de público celebraron-se este fin de semana o concerto dos finalistas e o concerto dos vencedores cos que se puña fin a esta PRIMEIRA MOSTRA DE CANCIÓN DE AUTOR- UTOPIA SON, que ao longo destes tres últimos meses se veu desenvolvendo no café UF de Vigo organizada polo colectivo UTOPIA FORO.

Tanto polo alto nível artístico como pola resposta do publico, podemos considerar esta primeira experiencia como un rotundo éxito.

A canción “AFGANISTÁN CANTO” composta e interpretada polo grupo santiagués ATAQUE ESCAMPE foi escollida mellor canción deste primeiro UTOPIA SON.

En segundo lugar foi escollida “SON DE BIENVENIDA”, composta e defendida polo cubano Yhosvany Palma. Un cantante que reune toda a beleza e calidade desa imensa escola de canción popular que produce Cuba desde fai moitos anos.

O terceiro lugar foi para o tema titulado “ENTRE BEIXO E BEIXO” composición de Javier Pena interpretada por Toño que estivo acompañado ao piano por Javier Núñez e polo próprio Javier Pena á guitarra. Javier Pena engade á sua profisión de arquitecto, a de excelente pintor, músico de jazz, a de compositor de maravillosos temas musicais.

Sen dúvida o grupo de “rock de série B” , como eles se definen, ATAQUE ESCAMPE apresentaron a proposta mais inovadora da mostra. O tema co que gañaron o certamen une unha letra demolidora a unha orixinalísima interpretación con un son totalmente acústico. A eleizón de público e xurados foi unánime.

ATAQUE ESCAMPE, Samuel, Miguel, Roi e Alex, son desenfado, cabreo e mordacidade. Moi interesante é o camiño que están a tentar abrir na música galega de autor. Hai moitas formas de contar e cantar as cousas, e eles optan pola menos aburrida de todas. Ese cóctel a basee de intelixéncia, descaro, denuncia e humor ten un fermoso sabor. Na sua música hai esa mistura sen complexos da que seguro estará feita a música do futuro. Son unha fermosa esperanza para a música galega.

Coa entrega das tallas trofeu realizadas polo escultor Severiano Lago e os 600 euros ao os gañadores, UTOPIA FORO convoca a

II MOSTRA DE CANCIÓN DE AUTOR- UTOPIA SON cuxo prazo de inscrición fica aberto no café UF o en

www.nodo50.org/utopiaforo.
http://www.utopiason.blogspot.com/



AS CANCIONS GAÑADORAS:


1ª “AFGANISTÁN CANTO” de Ataque Escampe


2ª “SON DE BIENVENIDA” de Yhosvany Palma


3ª “ENTRE BEIXO E BEIXO” de Xavier Pena



AFGANISTAN CANTO
Letra e música: Ataque Escampe

Sen que dicir, sen vida, sen sorte, sen temor pola morte, sen dor, amor, peito enchido de calor, subxectividade informe. Sen condenas, nen problemas, nen sequera un apotegma, sen entradas nen saídas e sen pertencer a Al Qaeda.

Sen pretender trascendencia, sen dirixir a palabra con vehemencia, sen dirixirme a min mesmo, sen ningunha intención. Terei que demandar á miña musa por non ser un avión.

Con apraxia, ataraxia, zoofilia, coprofaxia, con sentido, sen sentido, sen contido nen razón. Sen vinganza, esperanza, confianza, sen lembranza (xénero que perdeu o seu propio ismo nun abismo de matanzas)

Sen pretender trascendencia, sen dirixir a palabra con vehemencia, sen dirixirme a min mesmo, sen ningunha intención. Terei que demandar á miña musa por non ser un avión.

E sen que chorar, sen alma, sen algo nen nada, sen berrar nen máis nen menos e sen lacón con grelos. E sen nenas e sen nenos e sen kalashnikov.

(Afganistán canto, levanto, zona cero espanto. Manto de amantes, morres ti pero eu non, pero non te contentes, diamante contante e sonante: revitaliza o corpo e mente, un paso adiante, detente, mamón)

Sen pretender trascendencia, sen dirixir a palabra con vehemencia, sen dirixirme a min mesmo, sen ningunha intención. Terei que demandar á miña musa por non ser un avión.




“SON DE BIENVENIDA”
Letra e música de Yhosvany Palma

Pequeño niño nacerás
Mas sensitivo que el clavel
Vendrás regándome la paz
Para mi alma de corcel

Serás la luz me abrigarás del viento
Mi libro, mi árbol, mi fruto mi sueño
Niño te canto para acercar tu tiempo
Niño te canto lo que te estoy queriendo

Revolucióname la vida, revolucióname...

Ya me tejí una canción
Sobre los ojos del mundo
Le di color a la flor
Que bienvenirá tu rumbo

Al precio de otra canción
A riesgo de la incoherencia
Hago este intento de son
Para alumbrar tu inocencia

Me crecerá tu jardín
Entre la espina y la oruga
Pero sabemos que así
La rosa nace más pura

Y si algún día este mundo
Incomprendiera tu voz
Que nos condenen juntos
O nos salvamos los dos

Revolucióname la vida
Revolucióname
Revolucióname la vida
Revoluciona




“ENTRE BEIXO E BEIXO”
Letra e música de Xavier Pena

Non me pidas cando estou contigo
Ser feliz
Feliz de todo

Non me pidas cando estou contigo
Ser feliz
Porque non podo

É que entre beixo e beixo que nos damos
Afunde unha pateira
É que entre beixo e beixo que nos damos
Reventa un coche bomba
É que entre beixo e beixo que nos damos
Matan nenos agora
É que entre beixo e beixo que nos damos
Corre o sangue fora
Corre o sangue fora

Non me pidas cando estou contigo
Ser feliz
Feliz de todo

Non me pidas cando estou contigo
Ser feliz
Porque non podo

É que entre beixo e beixo que nos damos
Se invaden os paises
É que entre beixo e beixo que nos damos
Se contamina a terra
É que entre beixo e beixo que nos damos
Matan nenos agora
É que entre beixo e beixo que nos damos
Corre o sangue fora
Corre o sangue fora
Corre o sangue fora

No comments: