Tuesday, August 01, 2006

PRESENTACIÓN FINAL

Benvidos a Utopia Son a 1ª Mostra de Cancion de autor organizada polo café Uf, o coro Zeca Afonso das Voces Vulgares, e o foro Utopía.

Xa estamos na última etapa desta mostra. Pero aínda nos queda tempo de disfrutar dos tres finalistas, que hoxe tocan como representantes da calidade e o bo facer de todos os cantautores que foron pasando polo esceario durante estes tres meses.
Gustaríanos poder transmitirvos con palabras a enorme satisfacción de todos os que traballamos nesta Mostra. A moitos, hai un ano, a idea lles pareceu unha locura, pero aínda así decidimos corre-lo risco por unha boa idea. Hoxe Utopía Son é unha realidade, e para nos unha ilusión ver que o traballo (aínda que seguro se puido facer mellor) mereceu a pena. Non se pode apoiar a canción de autor, se os cantautores non nos apoian. E neste primeiro paso, atopamos que non camiñamos sós.
Eles coa súa participación, a altísima calidade de letras, música, voces, a súa calidade humana, en resumo, co seu apoio conseguiron que Utopía Son deixase de ser unha Utopía. Moitisimas gracias a todos e cada un deles.
E en especial, ós oito grupos que tocaron no concerto de onte, porque nos deron unha lección de compañerismo, disfrutando cos concertos do resto dos participantes, formando grupo, intercambiando teléfonos, construíndo ese punto de encontro que a mostra pretendía ser. Ademáis da seriedade, entrega e respeto polo proxecto.
Tamén moitas gracias tamén a Xulio polas súas grabacións, e a o escultor Severiano Lago por facer as tallas que logo veredes e doalas para axudar co proxecto.

No comments: