Tuesday, August 01, 2006

FINAL DA 1ª MOSTRA DE CANCIÓN DE AUTOR



VENRES 28 DE XULLO ÁS 23 h: Concerto dos finalistas:

Julián Rodríguez: Ven a representar o cantautor clásico:unha voz, unha guitarra, textos profundos e comprometidos, e a emotividade que dá cantar dende o corazón ao corazón de todos. É emocionante escoitalo e sentilo. Parece ser que levaba tempo sen cantar, agardamos que non se rinda e continúe regalándonos as súas cancións. A él grazas e a vos decirvos que o animedes a seguir.

Xavier Pena: Arquitecto, pintor, compositor, músico de jazz, e autor dos dous fermosos temas que presenta nesta mostra. O lirismo melancólico de un, e a desgarrada denuncia do outro compoñen dous exemplos de cómo facer asequible a todos a boa música: sobre unha aparente sinxeleza se agacha a complexidade da creación intelixente e auténtica. Para interpretar os seus temas colleu a parte do seu grupo de jazz: a portentonsa voz de Toño e o intenso piano de Xavier.

Ataque Escampe: eles son o xoven desenfado, cabreo e mordacidade. Parécenos moi interesante ese camiño que deberá abrir na música galega de autor. Hai xeitos de dicer as cousas, e de cantalas, eles optan pola menos aborrecida de todas. Ese cóctel a base de intelixencia, descaro, denuncia e humor pode chegar a ter un sabor maravilloso. Na súa música hai esa mistura sen complexos da que seguro estará feita a música no futuro. Cremos que son unha fermosa esperanza musical para esta Terra.

Diego Freire: Quizáis o misterio que se agacha detrás desta cidade, da que todos falan mal e da que ninguén quere separarse, sexa que ten unha ialma subxugante. E gran parte desa ialma é obreira. Obreiros que levantaron esta cidade, que loitaron e cantaron. Sempre cantaron, nas tabernas e nas fábricas, nas manifestacións e nas festas. De todos os barrios de Vigo, sen dúbida, o máis obreiro é Cabral, de ahí ven Diego Freire. Para nos representa a esa tradición popular, de canción directa, auténtica e autodidacta, que aparece contra todo, a pesares de todo, e contra todo pronóstico. Desexamos que a súa presencia hoxe eiquí convirtase nunha homenaxe a esa tradición da que tan orgullosos nos sentimos.

Xosé Constenla: Para nós el representa a canción de autor galega, non só por estar feita en Galiza, se non con conciencia de ser galega. Forza, autenticidade, compromiso co seu pobo e a súa xente, calidade nos textos e unha interpretación directa e efectiva que conecta inmediatamente co público. Esperamos que se convirta no noso Raimon ou no noso Mikel Laboa, ou simplemente no noso.

Samuel Leví: representa unha proposta que encadraríamos dentro dun pop de calidade. Letras coidadas e melodías inspiradas e ben interpretadas. A súa postura cosmopolita, a consciente opción polo castelán, a gran capacidade de traballo na música e a súa ambición como cantante, sitúano nas mellores condicións para que alcance o seu soño.

Días Descalzos: déixannos admirados coa calidade das suas voces e os seus arranxos musicais. Á fermosa voz do solista únense uns maravillosos coros, engadámoslle o son do chelo, o piano e as guitarras e teremos un fascinante resultado. Grupo de recente formación esperamos que continúen nese empeño de calidade, sensibilidade e beleza no que se embarcaron.

Yhosvanny Palma: Cremos que, xunto coa canción dos folksingers americanos, a canción cubana representa os dous hitos mais importantes da canción de autor do último século, sobre todo despois da aparición da Nova Trova Cubana. Cuba segue producindo unha pléiade de cantantes poetas, de trovadores, de fermosas cancións que seguen asombrándonos e emocinandonos. Yhosvany vén de Cuba e con el trae todo ese inmenso acervo musical, esa forma de cantar e dicer nas que se crecoñece a voz dos seus xenias compatriotas.


Despois de tres meses de concertos, os tres xurados de UTOPÍA-SON, seleccionaron ós oito finalistas que o venres 28 de Xullo, ás 22:30 h mostrarán nun concerto as cancións das que sairán as gañadoras. Por sorteo, a orde da actuación será a seguinte:


JULIÁN RODRÍGUEZ
JAVIER PENA
SAMUEL LEVÍ
ATAQUE ESCAMPE
XOSE CONSTENLA
DÍAS DESCALZOS
DIEGO FREIRE
YHOSVANNY PALMA


Cada un deles interpretará dous temas que serán votados por parte do público, que se lle unirá ao voto emitido polo café uf e polo Coro Zeca Afonso das Voces Vulgares.
O Sábado 29 de Xullo, ás 23:30 h, os tres gañadores realizarán un concerto e de seguido se lles entregarán os premios.

1 comment:

Anonymous said...

Increible a calidad que houbo nestes dous concertos.
A música e as voces de esta xente non podemos deixalas morir.
Moito ánimo