Tuesday, January 31, 2006

NOVO PRAZO DE INSCRIPCIÓN

AMPLIA-SE O PRAZO DE INSCRIPCIÓN ATA O DIA 30 DE MARZO DO 2006.
O PREMIO FALLARA-SE EN XULLO DO 2006 (VER BASES) http://www.nodo50.org/utopiaforo/utopia-foro1.htm


PORQUE NO PEITO DOS DESAFINADOS TAMÉN LATE UN CORAZÓN


“A canción ten dous elementos, a estética, máis coñecida, e outra máis difícil, a ética. Se xuntamos ética e estética temos un bonito monstruo que acompaña as luitas dos pobos.”
Francisco Villa

“As cancións vannos tranformando , incluso nos van metendo en líos. Un abre un xornal, escribe algo indignado e logo remata o frente dunha manifestación. A canción é unha grande escola a que todos nos debemos.”
Sivio Rodríguez

Sempre se cantou, sen saber música, sen saber que existía a música, o pobo cantou. Nas segas e nas desfoliadas, nas labranzas e nas muiñeiras, mentres pescaba e mentres recolectaba, cando construia unha casa ou abría un camiño, cando nos asteleiros contruía barcos, ou cando nas cidades levantaba edificios. Cando amaba e cando luitaba, cando sufría e cando lecía, o pobo cantou. Sen saber o que é un compás, sen saber o que é a armonía, él cantou acompasado e ármonico, porque aquel son era a vida e esta sempre ten unha armonía aínda que sexa oculta. Viviu e morreu cunha canción nos beizos. Afinada ou desafinada esa canción conmoveu os corazóns. Cantoulle aos seus deuses e aos seus amores. Cantoulle aos seres queridos e aos seu dores. Cantoulle as súas patrias e aos soños que esas patrias resume. Camiño do cadalso, cantou. Camiño da liberdade, cantou. Nas cadeas e nas tabernas, nos templos e nos prostíbulos, nos túmulos e nos tálamos, sempre cantou.
Os reis e príncipes, os señores, os aristócratas, os burgueses, as xerarquías eclesiásticas, buscaron profesionais para que lles cantaran. Fixeron o que sempre fan os poderosos: mercar en vez de crear, pagar en vez de sentir, comerciar en vez de cantar. Dende Homero até Dylan en vez de entonar prefiriron mercar gaiolas con canarios dentro.
Pero o pobo seguiu a cantar, a viver e a cantar, a beber e a cantar, sempre a cantar.
Despois os mercaderes de todo cadricularon o tempo e o espazo todo foi diñeiro e o cantar tamén foi codificado, regulamentado, mercantilizado. O cantar quedou relegado aos “profesionais” e aos aspirantes a selo, aos escenarios. O pobo que cantaba foi convertido no pobo que escoitaba, o pobo que creaba cancións foi convertido no pobo que mercaba cancións, o pobo que se unía para cantar, foi convertido en masa de solitarios para encher concertos.
Voltar a ser humanos, aínda que sexa nun cativo símbolico número. Voltar a ser humanos que cantan, uns máis afinados outros menos, como sempre se fixo. Voltar a cantar todos, xuntos, muitos. Porlle música Á vida, a todo o que na vida pasa, como sempre se fixo. E Botar ao mar a todos os profesionais, a todos os que nos calaron para que os escoitemos a eles e os enriquezamos, a todos os que comercian con cualidades que a vida puxo neles e que precisan do noso embrutecemento para brilar máis. A os que usurparon o noso espazo, a nosa voz, para pecharse en estudos de grabación e lanzar productos que nós temos que mercar para que eles poidan contruir as súas mansións.
Á merda cos profesionais, cos artistas autonombrados, cos “creadores” de fume. Que nos deixen desafinar en paz e amizade, que vale mil veces máis unhas cancións malamente cantadas en boa compaña que todo ese río de fecales CDs no que tentan afogar.
CORO ZECA AFONSO DAS VOCES VULGARES -
http://www.nodo50.org/utopiaforo/LETRAS%20CORO.htm