Monday, June 05, 2006

7º Concerto "Enrique Montalvo"

Venres 9 - 6 - 06 ás 23 h. no Café UF R/Pracer 19 Vigo


ENRIQUE MONTALVO
Cancións :
  • VIVO E MORRO
    Letra e música: Enrique Montalvo

    Vivo nunha cadea de aire
    entre barrotes de choiva
    a alma faise silencio
    a cada segundo que pasa.
    Crendo que son vento
    Crendo que son. Silencios tristes, silencios rotos.
    Crendo que son vento, crendo que son.

    Soño que rozo os teus bicos
    coa beira dos teus beizos
    náceseme a pena
    entre o medio das pernas.

    Vivo e morro porque vivo e morro pa que,
    porque sen ti non sei viver. Silencios rotos. Silencios tristes.

    Contan que cando un silencio faise canción
    fuxe a miña pena do meu corazón
    crendo que son vento, crendo que son.
    Silencios rotos. Silencios tristes.

  • ALXECIRAS OU MADRID
    Letra e música: Enrique Montalvo
Na beiramar deste mundo
a piques estou de naufragar
xa non somos os de antes
hoxe tocounos marchar
xa non sei de onde veño
onde coño vou ir
pechádenos todas as portas
na beiramar deste mundo
porto de Alxeciras, porto de Madrid
ves e vas de porto en porto
non te comes nen un mendrugo
tómante por un pardillo.
Buracos no peto
porto de Alxeciras, porto de Madrid
Ilegal, ilegal, ilegal, ilegal.
Tolo mundo, mundo tolo
sociedades por todas partes
pero axuda por ningures
a cultura leva diñeiro
a pobreza sen liberdade
Ilegal, ilegal
Tolo mundo
Mundo tolo.

2 comments:

Anonymous said...

Soy un asiduo a los conciertos y este fue el peor, después de la primera canción empezó a confundirse, se olvidaba de las letras. No se sabe si era por lo que había fumado o simplemente es que era así.
Todo el concierto fue un desbarrar sobre la maría, improvisando y diciendo tonterías sin la más mínima gracia. Mejor para una juerga de botellón o de acampada hipi.

U Roy

Anonymous said...

menudo coñazo. Ou nos poñemos todos a facer o idiota e a fumar todo o que nos boten ou non hai quen ature.
Se teño que ir de acampada, hipi ou non, con alguén así, me suicido ou vou a ver ao Papa.