Monday, June 05, 2006

6º "Concerto "David Alvarez"

xoves (modificado) dia 16-6- 06 ás 23 h. no Café UF R/Pracer 19 Vigo
DAVID ALVAREZ
Cancións :
25
Letra e música: David Álvarez Canoa

Que soen as campás e o vento adornen
co noso idioma e as ganas de decir máis.
Que as nais descansen e que os nenos xoguen
nas alamedas con ganas de sorrir máis.
Porque mañá é 25 e teño algo para ti,
un recordo e certas ganas de seguir

Que maña veñan todas, veñan todos.
Viño novo con ganas de decir máis.
Coa fronte alta e con limpos ollos
e renovados folgos nas ganas de combatir máis.
Porque mañá é 25 e teño algo para ti
un recordo e todas as ganas de seguir

Que mañá brille o sol
cal se só brillase un día.
E que saia polas portas o son
da noble melodía,
do raio transparente,
do arume arpado
da costa verdecerte
do prácido luar
que esperte do seu sono
o teu fogar.

Que soen as campás e o vento adornen
co noso idioma e as ganas de decir máis.
Que os pais descansen e que as nenas xoguen
nas alamedas con ganas de sorrir máis.
Porque mañá é 25 e teño algo para ti
un recordo e todas as ganas de seguir.

CAPERUCITA FACHA
Letra e música: David Álvarez Canoa

Son unha rapaza moi formal,
as miñas amizades nunca falan mal.
Axudo á miña nai nas tarefas da cociña
e son o delirio das súas amigas.

A profesora me deixou
encargada de quitarlle o pó
ó crucifikxo e á bandeira nacional
e ó excelentísimo caudi-i-llo.

Ademáis son famosa dende o día aquel
no que a miña nai me chamou porque
quería que levase á casa de miña aboa,
ai, o ABC e unha tortilla española.

“Ai, miña filla, ten coidado
que se te despistas hai
un lobo comunista e separatista
que come nenos e nenas e te pode levar.”

Dende entón son protagonista
dun conto infantil
de xeito que me cha-a-man,
os correligionarios de partido e demais amigos,
Caperucita Fa-a-cha.

Pois ben, aquel día interneime no bosque
segura de min mesma e sin temor ó lobo,
mais, ó pasar a fonte da victoria
saiu de entre os matos.. aquela cousa.

I eu, sentíndome presa
oínlle preguntar: ¿A onde vas?,
vulgar representante da clase burguesa”.
E contesteille sen parar de temblar.

Para máis coña, o maldito lobo aquel
tiña un horrible acento francés,
Pero en verdade, non deixaba de ser guapo
e, todo hai que dicilo, tiña un enorme rabo.

Moi cortésmente me indicou
á esquerda do camiño un atallo.
E por alí marchei, lamentándome
de que, por desgracia, fose tan cortés.

Dende entón son protagonista
dun conto infantil
de xeito que me cha-a-man,
os correligionarios de partido e demais amigos,
Caperucita Fa-a-cha.

Chegada xa á casa da miña aboa,
pensando aínda no lobo petei na porta.
E, que sorpresa ó atoparme ó lobo guapo
que, deitado na cama, me estaba esperando.

E non sei no que pensaba
o redactor deste conto cando
escribiu esta parte da miña historia
pois pasou moito máis do que contan, abofé.

É pra rematar tan só decir
que, inoportuno apareceu por alí
un cazador de acento galego evidente,
creo que de Vilalba máis exactamente.

Despois de botar fóra aquel “chalao”
comemos a tortilla que
fixera miña nai e pra nos quentar,
fixemos unha fogueira co ABC.

Dende entón
vivo co meu lobo na súa gorida no interior do bosque.
A nosa vida é do máis harmoniosa.
E agora él me chama
Caperucita Roxa


COMPOSTELA 87
Letra e música: David Álvarez Canoa

Compostela oitenta e sete
primeiros de maio, a xente na rúa pasea
e o tempo pousa lenemente
o día na pedra, os raios na herba de pálido verde.

Café nas terrazas a prezo de ouro,
partidiña de mus: xuventude, divino tesouro.

Ca-ca-café nas terrazas a prezo de ouro,
partidiña de mus: xuventude, divino tesouro.

A tarde cae de vagariño,
a vida pasa reflectida nunhas gafas de sol,
unha nube atrevida, unha pomba perdida
unha clase aburrida á que nunca vou.

Ás oito de viños cos amigos, chapuzón de Ribeiro:
o mundo enteiro xira ó meu arredor

Ás oito de viños cos amigos, chapuzón de Ribeiro:
O mundo enteiro xira ó meu arredor

E na noite compostelana
un café galego con moita caña,
o Zequiña cantando, un amor de dous anos,
a Chusiña ó meu lado
e o peregrino que garda os mortos de Quintana.

Campo minado, tabaco de contrabando,
a descargar esta noite, quince mil pesetas,
que empanada.

Campo minado, tabaco de contrabando,
a descargar esta noite, quince mil pesetas,
que empanada.

Compostela oitenta e sete
primeiros de maio, a xente na rúa pasea
e o tempo pousa lenemente
o día na pedra, os raios na herba de pálido verde.

Café nas terrazas a prezo de ouro,
partidiña de mus: xuventude, divino tesouro.

Ca-ca-café nas terrazas a prezo de ouro,
partidiña de mus: xuventude, divino tesouro.

Caaaafé nas terrazas a prezo de ouro,
partidiña de mus: xuventude, divino tesouro
.

4 comments:

Anonymous said...

Caperucita Facha!! Para min, o mellor concerto de todo o Utopia Son.

Anonymous said...

Debería taparse la cabeza cuando cante para que no se le noten.

Paris Joel said...

Ostrás David, canto tempo hai que non sei de ti!!!
Acordaste do Burgo das Nacións, dos concertos que dábamos case tódolos días!!!
Espero que acabaras a carreira de dereito, eu non a rematei.
Unha aperta compañeiro.

Paris Joel

Anonymous said...

Que ben cantaches sempre!! Noraboa!!