Wednesday, May 31, 2006

5º Concerto "Ataque Escampe"

Venres dia 2-6- 06 ás 23 h. no Café UF R/Pracer 19 Vigo

Ataque Escampe

Cancións:

AFGANISTAN CANTO
Letra e música: Ataque Escampe

Sen que dicir, sen vida, sen sorte, sen temor pola morte, sen dor, amor, peito enchido de calor, subxectividade informe. Sen condenas, nen problemas, nen sequera un apotegma, sen entradas nen saídas e sen pertencer a Al Qaeda.

Sen pretender trascendencia, sen dirixir a palabra con vehemencia, sen dirixirme a min mesmo, sen ningunha intención. Terei que demandar á miña musa por non ser un avión.

Con apraxia, ataraxia, zoofilia, coprofaxia, con sentido, sen sentido, sen contido nen razón. Sen vinganza, esperanza, confianza, sen lembranza (xénero que perdeu o seu propio ismo nun abismo de matanzas)

Sen pretender trascendencia, sen dirixir a palabra con vehemencia, sen dirixirme a min mesmo, sen ningunha intención. Terei que demandar á miña musa por non ser un avión.

E sen que chorar, sen alma, sen algo nen nada, sen berrar nen máis nen menos e sen lacón con grelos. E sen nenas e sen nenos e sen kalashnikov.

(Afganistán canto, levanto, zona cero espanto. Manto de amantes, morres ti pero eu non, pero non te contentes, diamante contante e sonante: revitaliza o corpo e mente, un paso adiante, detente, mamón)

Sen pretender trascendencia, sen dirixir a palabra con vehemencia, sen dirixirme a min mesmo, sen ningunha intención. Terei que demandar á miña musa por non ser un avión.


ARREDOR DA CUESTIÓN NACIONAL
Letra e música: Ataque Escampe

Teño o teu móbil e un colocón: se o azul dos teus ollos chegase como os labios ó ron.

Sen ningunha aspiración. Noites varadas sen rastro do mar, bebino todiño coa sede de
atreverme a chamar. E non puiden espertar.

Se eu che canto a ti como sabes que sei cantar: é posibel viver sen un ril e sen as dúas mans.

Se eu che canto a ti arredor da cuestión nacional. Porque son, e á vez non, de aquí (qué será, será?)

Teño o teu móbil e un subidón, que brancos os días se houbese unha estrela para os dous:

leva razón a paixón. Deitado no prado, amando coas mans, fumei toda a herbiña
que había para poder acougar. Non deixei campo nen mar.

Se eu che canto a ti como sabes que sei cantar: é posibel viver sen un ril e sen as dúas mans.

Se eu che canto a ti arredor da cuestión nacional. Porque son, e á vez non, de aquí (qué será, será?)

OURIZO
Letra e música: Ataque Escampe

O día brillaba como a pel dun ourizo. Pincha na pele como unha barba.

E o blues dos escravos, a lágrima do home caído, incompleto, acabado, que sempre se renova en cadáver. Ourizo.

O furto das mañás que non copulamos. A pólvora nas táboas dos cadaleitos, deses que te bican con ardor de pedra nun punto do camiño no que xa non hai retorno.

E as Apocalipsis alaranxadas dadás da-da-da-da (así ladraban as cinzas da Pantera Rosa). De México a California, un chute de herba luísa. E é problemático estar aquí. E penso que é o paradiso.

O día brillaba como a pel dun ourizo.

8 comments:

Anonymous said...

uau

Anonymous said...

perdon...pero... na cancion "arredor"...è "chegase" non cegase. e en "ourizo" è cadaleitos e non cadalsitos. e que senòn non tiñan xeito ningún os versos. un saùdo.

Anonymous said...

se isto fosen os anos trinta en franza de seguro teria ido breton a beber un petit coup et escuitar esas delicias

Anonymous said...

compromiso e deleite

Anonymous said...

Empezaron cando xa se acercaba a medianoite. Entre o público, moitos amigos.
Despois dunha breve presentación por parte do cantante, empezaron cun dos tres temas que ían a concurso: "ourizo". A sonoridade do local non acompañaba, e o nerviosismo e timidez desvirtuaron algo este tema.
Despois seguiron xa con máis forza. Tras unha declaración de intencións (ou de non-intencións), onde se describiron coma "rock de serie B", estiveron máis soltos. O público tamén colaborou.
Gustoume a canción que narra a historia de Ana e un caracol. Uns coros que me recordaron a Nacho Vegas (sha-la-lara-la-la) e unha letra real como a vida mesma.
A segunda canción para o concurso era "Afganistán canto", na súa enésima versión. Saíu ben, quizais se lle podía ter dado máis forza.
As letras amosan moito amor pola vida, polo cotián. E tamén pola poesía, pola filoloxía. Letras con dobles sentidos, ca semántica moi correcta pero chamándolle ás cousas polo seu nome. A letra do tango, particularmente, cunha métrica moi ben axustada.
Unha versión de Neil Young fíxolles recoñecer que eles tamén teñen ídolos...
Tocaron o hit "I will turn", xa un clásico, que contou ca colaboración do público coñecedor, como previo de dous bises.
Para rematar, "o malo da película". Outro clásico, fantástico, con moita forza. Ben para rematar.
En todo momento, entre cancións, huobo moito acercamento ó público. Moita explicación de por-qués, e moita referencia á culpabilidade da cervexa.
Eu creo que nestes momentos o grupo está nunha boa fase, e que ensaiando e pulindo os temas e a posta en escea pódese facer algo bonito. Fáltalles experiencia en directo, pero iso resólvese facilmente.

http://estevoaei.livejournal.com/

Anonymous said...

Haiche gustos. Para mín, non é para tanto.

Anonymous said...

si señor! eso si que fue un concierto divertido!

Anonymous said...

INCRIBLE afganistán canto!! que tema tan especial! é único!!