Tuesday, May 16, 2006

1º Concerto "O Profeta de Alfaomega"

Venres dia 5-5-06 ás 23 h.

"O PROFETA de ALFAOMEGA"

CANCIÓNS :

MIÑA PARRULIÑA
Letra e música: O Profeta de Alfaomega

Ouvese ruxir o mar,
as rans cantan en terra.
Mariñeros: “amarrar ben os barquitos
que o temporal vai cerca”

As gaivotas voan alto
e o ceu ponse escuro.
Ten precaución mariñeiro
que é mal tempo seguro.

Non ma despertedes paxariños á meniña,
non despertedes á miña parruliña.
Non ma despertedes paxariños a raiña,
non despertedes á miña ruliña.

Imos para a antita torre de pedra,
Campanario de mouros,
Do seu alto ollar a Ría é o tesouro.
Vexo a Toxa, o Grove, a “Illa” enteira,
San Vicente e Salvora;
Illa de antigas lendas
Onde tantos se afogaron
Nas augas que a rodean

Non ma despertedes paxariños á meniña,
non despertedes á miña parruliña.
Non ma despertedes paxariños a raiña,
non despertedes á miña ruliña.

Amigos: cando o cemiterio eu vaia
pídovos de corazón,
traédeme unha oración.

MADEIRA QUEIMADA
Letra e música: O Profeta de Alfaomega

Madeira queimada. madeira que quede no monte.
Madeira queimada: madeira que fique no bosque.
Madeira queimada: madeira que quede no monte.

¡Xa basta de hipocresía e cobardía, as árbores son a nosa vida;
celulosicas assasinas, madereiras terroristas!

Ei, bicho, bule, voa, lisca,
que non te colla o lume dos capitalistas.
Ei, bicho, bule, voa, lisca,
que non te colla o petroleo dos capitalistas.

O “Prestige” non foi un accidente;
foi un premeditado e deliberado
atentado terrorista dos capitalistas
e políticos fascistas...

MIÑA AMIGA, MEU ANXO DA GARDA
Letra e música: O Profeta de Alfaomega

As ondas do mar están tristes
e veñen paseniñas a praia a bater.
Meu corazón chora e xime
por non te ver.

Non podo vivir sen ti
e xa non torno a ser quen era,
numa noite de luar
un abrazo non se nega.

¡Ai, eu coitado!¡Ai, eu coitado como vivo!
¡Ai, eu coitado!¡Ai, eu coitado que non vivo!

Teus ollos son cunchas escuras
dun rosario de amarguras, Avemarías,
que eu lembro e rezo á noitiña
todos os días.

Chove miudiño, esta chuva ¿onde ven?
Ven dos meus ollos e do corazón tamén,
quen me dera ser escravo teu por un día
ter amor,
darche a miña vida.

Ai, eu coitado como vivo nun gran “fado”
por miña amiga que hei eu alonxado.
Moito me tarde en perdoar
miña amiga, meu anxo da garda.

Ai, eu coitado como vivo en gran desexo
por miña amiga que tarde e non vexo,
moito me tarde en perdoar
miña amiga, meu anxo da garda.

Un bico, un beixo o meu anxo da garda
moreniña cos teus ollos da cor da castaña.
Un bico, un beixo o meu anxo da garda,
que cheira a praia coa marea baixa.
Un bico, un beixo...
Ai, ai, ai, ai, la, le, lo...

AGORA APERTA, AMOR
Letra e música: O Profeta de Alfaomega

Teño de todo trincado
por mal dos meus pecados.
Teño de todo mercado,
por mor do meu diaño.
Teño de todo fumado, bebido e xantado... ¡legalización!

É tempo de colleita da “maría”,
“macoña” ou boa herba... ¡legalización!

Agora aperta amor,
aperta a miña centura,
a amizade que che teño non ten fin
na sepultura.
Non ten fin no sepultura a amizade que che teño,
da terra ti é a cousa mais bela,
a máis fermosa de todas as criatura.

A amizade que che teño non ten fin
na sepultura,
nunca máis me deixes só, ¡prégocho!
Perdoa a miña traizón
e agora aperta amor.

1 comment:

Anonymous said...

VIVA O PROFETA DE ALFAOMEGAA!!

VEN A BOIRO A DARE UN CONSERTOOOOOOO!!!!!!!!