Monday, May 22, 2006

4º Concerto "Xosé Constenla Vega"

Venres dia 26-5-06 ás 23 h.

XOSÉ CONSTENLA VEGA
Cancións:
SON MALOS TEMPOS
Letra e música: X. Constenla

Son malos tempos para a poesía
tempos de crise para a melancolía
mellor renunciar fronte os teus inimigos
non ler o diario para non ter sentido
de tanta miseria, de tanta maldade
de homes que non entenden de piedade.

Prentendo non ser máis o inquilino
da escuridade de bares impíos
pretendo esta noite, non lembrarme de ti
para non compoñer absurdas cancións
que probabelmente nunca escoitarás
mandándome á doce prisión do teu olvido.

Déixame sobrevivir sen o teu agasallo
déixame só unha vez renunciar ó meu laio
quero sentirme moi dentro de ti
ser o anxo que agocha a túa virtude
amosar un aceno saberme pequeño
se na noite pecha te noto tan baleira.

Trocaría cada corda desta guitarra
por ser parte do que ti máis anelas
poder convivir coa túa figura
que se contonea entre brazos extraños
que non senten nada e que nada valoran
somente pola condición de ser brazos de home.

AMÉRICA LATINA (TEPITO-TE-HENÚA; EMBIGO DO MUNDO)
Letra e música: X. Constenla

Hai unha alma latente nunha selva andina
e miles de nais berrando nunha praza de ausentes,
poetas, cantores, mártires, heroes.
unha illa caribeña coitando pola súa resistencia.

O continente máis usurpado salvagardado por un tal “Marcos”
miles de pobos unidos baixo o mesmo sentir,
pegüenches, pisagüevos, mapuches, chiapanecos
e unha fenda aberta no altiplano da súa existencia.

Nunca máis impunidade para quen non tivo piedade
que non morran desafogados os xenocidas sen ser xulgados
que saian os cadáveres do fondo do mar,
desenterrádeos da vosa terra como proba para vos liberar.

O pobo é o que máis ordena ou iso é o que di a canción
cando unha loita é colectiva non hai justificación
para que poucos lle digan a “moitos” que Fondos e Bancos xogan a Deus,
mentres os “moitos” seguen perdendo e os poucos atopan en Deus o seu Edén.

Tepito-te-henúa un soño desgarrador
cruzando Papaloapán a forza do corazón
para combater a fame non é necesario hipotecarse
malditos aqueles!!! que se benefician da inxenuidade da xente.

Nunca máis impunidade para quen non tivo piedade
que non morran desafogados os xenocidas sen ser xulgados
que saian os cadáveres do fondo do mar,
desenterrádeos da vosa terra como proba para vos liberar.

AÍNDA ESTAMOS A TEMPO
Letra e música: X. Constenla

Aínda estamos a tempo, érguete,
saiamos á rúa pronto
a tapar con claveis os fusís
que os convertan en xoguetes rotos.

Aínda estamos a tempo, imos xa,
lánzate comigo
a rescatar a memoria
das crueis garras do olvido.

Temos tempo, todavía,
de forzar unha amnistía
de pactar as diferentas
de firmar un tratado anteguerra.

Temos tempo, meu amor,
de anular o Talión
de derrubar mausoleos
poboados de terribeis espectros.

Aínda estamos a tempo, convéncete,
que non todo está perdido
que nas chairas de Palestina
medran libres os olivos.

Aínda fican uns minutos, sincérate,
que agora é o momento
de saldar contas pendentes
cos culpabeis do nos tormento
.

2 comments:

Anonymous said...

O pasamos moi ben no teu concerto, escoitei a maqueta e gañas moito no directo.

Anonymous said...

Os temas que seleccionaches (aparte dos do concurso)crearon moi bo ambiente, gracias. Un dos mellores concertos.