Wednesday, May 31, 2006

5º Concerto "Ataque Escampe"

Venres dia 2-6- 06 ás 23 h. no Café UF R/Pracer 19 Vigo

Ataque Escampe

Cancións:

AFGANISTAN CANTO
Letra e música: Ataque Escampe

Sen que dicir, sen vida, sen sorte, sen temor pola morte, sen dor, amor, peito enchido de calor, subxectividade informe. Sen condenas, nen problemas, nen sequera un apotegma, sen entradas nen saídas e sen pertencer a Al Qaeda.

Sen pretender trascendencia, sen dirixir a palabra con vehemencia, sen dirixirme a min mesmo, sen ningunha intención. Terei que demandar á miña musa por non ser un avión.

Con apraxia, ataraxia, zoofilia, coprofaxia, con sentido, sen sentido, sen contido nen razón. Sen vinganza, esperanza, confianza, sen lembranza (xénero que perdeu o seu propio ismo nun abismo de matanzas)

Sen pretender trascendencia, sen dirixir a palabra con vehemencia, sen dirixirme a min mesmo, sen ningunha intención. Terei que demandar á miña musa por non ser un avión.

E sen que chorar, sen alma, sen algo nen nada, sen berrar nen máis nen menos e sen lacón con grelos. E sen nenas e sen nenos e sen kalashnikov.

(Afganistán canto, levanto, zona cero espanto. Manto de amantes, morres ti pero eu non, pero non te contentes, diamante contante e sonante: revitaliza o corpo e mente, un paso adiante, detente, mamón)

Sen pretender trascendencia, sen dirixir a palabra con vehemencia, sen dirixirme a min mesmo, sen ningunha intención. Terei que demandar á miña musa por non ser un avión.


ARREDOR DA CUESTIÓN NACIONAL
Letra e música: Ataque Escampe

Teño o teu móbil e un colocón: se o azul dos teus ollos chegase como os labios ó ron.

Sen ningunha aspiración. Noites varadas sen rastro do mar, bebino todiño coa sede de
atreverme a chamar. E non puiden espertar.

Se eu che canto a ti como sabes que sei cantar: é posibel viver sen un ril e sen as dúas mans.

Se eu che canto a ti arredor da cuestión nacional. Porque son, e á vez non, de aquí (qué será, será?)

Teño o teu móbil e un subidón, que brancos os días se houbese unha estrela para os dous:

leva razón a paixón. Deitado no prado, amando coas mans, fumei toda a herbiña
que había para poder acougar. Non deixei campo nen mar.

Se eu che canto a ti como sabes que sei cantar: é posibel viver sen un ril e sen as dúas mans.

Se eu che canto a ti arredor da cuestión nacional. Porque son, e á vez non, de aquí (qué será, será?)

OURIZO
Letra e música: Ataque Escampe

O día brillaba como a pel dun ourizo. Pincha na pele como unha barba.

E o blues dos escravos, a lágrima do home caído, incompleto, acabado, que sempre se renova en cadáver. Ourizo.

O furto das mañás que non copulamos. A pólvora nas táboas dos cadaleitos, deses que te bican con ardor de pedra nun punto do camiño no que xa non hai retorno.

E as Apocalipsis alaranxadas dadás da-da-da-da (así ladraban as cinzas da Pantera Rosa). De México a California, un chute de herba luísa. E é problemático estar aquí. E penso que é o paradiso.

O día brillaba como a pel dun ourizo.

Monday, May 22, 2006

4º Concerto "Xosé Constenla Vega"

Venres dia 26-5-06 ás 23 h.

XOSÉ CONSTENLA VEGA
Cancións:
SON MALOS TEMPOS
Letra e música: X. Constenla

Son malos tempos para a poesía
tempos de crise para a melancolía
mellor renunciar fronte os teus inimigos
non ler o diario para non ter sentido
de tanta miseria, de tanta maldade
de homes que non entenden de piedade.

Prentendo non ser máis o inquilino
da escuridade de bares impíos
pretendo esta noite, non lembrarme de ti
para non compoñer absurdas cancións
que probabelmente nunca escoitarás
mandándome á doce prisión do teu olvido.

Déixame sobrevivir sen o teu agasallo
déixame só unha vez renunciar ó meu laio
quero sentirme moi dentro de ti
ser o anxo que agocha a túa virtude
amosar un aceno saberme pequeño
se na noite pecha te noto tan baleira.

Trocaría cada corda desta guitarra
por ser parte do que ti máis anelas
poder convivir coa túa figura
que se contonea entre brazos extraños
que non senten nada e que nada valoran
somente pola condición de ser brazos de home.

AMÉRICA LATINA (TEPITO-TE-HENÚA; EMBIGO DO MUNDO)
Letra e música: X. Constenla

Hai unha alma latente nunha selva andina
e miles de nais berrando nunha praza de ausentes,
poetas, cantores, mártires, heroes.
unha illa caribeña coitando pola súa resistencia.

O continente máis usurpado salvagardado por un tal “Marcos”
miles de pobos unidos baixo o mesmo sentir,
pegüenches, pisagüevos, mapuches, chiapanecos
e unha fenda aberta no altiplano da súa existencia.

Nunca máis impunidade para quen non tivo piedade
que non morran desafogados os xenocidas sen ser xulgados
que saian os cadáveres do fondo do mar,
desenterrádeos da vosa terra como proba para vos liberar.

O pobo é o que máis ordena ou iso é o que di a canción
cando unha loita é colectiva non hai justificación
para que poucos lle digan a “moitos” que Fondos e Bancos xogan a Deus,
mentres os “moitos” seguen perdendo e os poucos atopan en Deus o seu Edén.

Tepito-te-henúa un soño desgarrador
cruzando Papaloapán a forza do corazón
para combater a fame non é necesario hipotecarse
malditos aqueles!!! que se benefician da inxenuidade da xente.

Nunca máis impunidade para quen non tivo piedade
que non morran desafogados os xenocidas sen ser xulgados
que saian os cadáveres do fondo do mar,
desenterrádeos da vosa terra como proba para vos liberar.

AÍNDA ESTAMOS A TEMPO
Letra e música: X. Constenla

Aínda estamos a tempo, érguete,
saiamos á rúa pronto
a tapar con claveis os fusís
que os convertan en xoguetes rotos.

Aínda estamos a tempo, imos xa,
lánzate comigo
a rescatar a memoria
das crueis garras do olvido.

Temos tempo, todavía,
de forzar unha amnistía
de pactar as diferentas
de firmar un tratado anteguerra.

Temos tempo, meu amor,
de anular o Talión
de derrubar mausoleos
poboados de terribeis espectros.

Aínda estamos a tempo, convéncete,
que non todo está perdido
que nas chairas de Palestina
medran libres os olivos.

Aínda fican uns minutos, sincérate,
que agora é o momento
de saldar contas pendentes
cos culpabeis do nos tormento
.

Thursday, May 18, 2006

3º concerto "Peeter John Baldwin del Castillo"

Venres dia 19-5-06 ás 23 h.


PEETER JOHN BALDWIN DEL CASTILLO
Cancións :
QUEN ME PODE DECIR
Letra e música: Peeter Jhon Baldwuin del Castillo

Quen me pode decir que é a vida,
caudaloso río da experiencia.
Quen me pode decir que é a morte,
ou o sentimento de total ausencia.

Quen me pode decir que é o tempo,
en palabras breves luminosas.
Quen me pode decir todas as cousas.
Quen me pode instruir co seu silencio.

Como podo saber canto me agrada,
ou desagrada o signo da miña nada,
sen o teu misterio, o seu rito, ou a sua norma.

Como podo saber a ciencia certa,
se o principio que ordea a miña existencia
e verosímil, é sono ou é brincadeira.

Quen me pode con armonía,
que esclarece por sempre os meus afectos.
Quen me pode decir a xeometria
que me axude a atopar o meu segredo centro.

Wednesday, May 17, 2006

2º Concerto "Mitxiño de Crabi"

Venres dia 12-5-06 ás 23 h.
Mitxinho de Crabi

Cancións:

HABITACIÓN 202
Letra e música: Mitxinho de crabi

Na habitación 202 ti poderás ver
pallasos desfilando xunto a bailarinas de cabaré
trapecistas que se xogan o todo polo todo, entre o chan e o sillón
un barman que se bebeu a metade do que che deu.

Temos unha vella jukebox, onde sempre soa a mesma canción
e os luns unha vella banda, de rock & roll
Non me queda nada que darche fora desta habitación
pero se quedas comigo esta noite, cantaremos esa canción…

O requisito é vir, desvestido para a ocasión
que non teña que facer falla, botar a voar a imaginación
as estrelas serán, fonte de iluminación.

Non me queda nada que darche fóra desta habitación
pero se te quedas comigo esta noite, cantaremos…

CANDO AS LUCES
Letra e música: Mitxinho de crabi

Cando as luces se apagan,
a música terminou,
volves só para casa,
naufraxio no jergón.

Ao subir a Gran Vía
pensas na noite de hoxe,
toda a ledicia perdida
soño empapado en alcohol…

Buscando cada noite, un corpo de muller,
do que só pretendes, que sacie a túa sede.
Buscando cada noite, un corpo de muller,
e ao final acabas sempre, sen ganas de romper…

As persianas péchanse,
e o sono aínda non te atopou,
blandeas as túas sabas baleiras
pensas en technicolor.

Buscando cada noite, un corpo de muller,
do que só pretendes, que sacie a túa sede.
Buscando cada noite, un corpo de muller,
e ao final acabas sempre, sen ganas de romper…

Tuesday, May 16, 2006

1º Concerto "O Profeta de Alfaomega"

Venres dia 5-5-06 ás 23 h.

"O PROFETA de ALFAOMEGA"

CANCIÓNS :

MIÑA PARRULIÑA
Letra e música: O Profeta de Alfaomega

Ouvese ruxir o mar,
as rans cantan en terra.
Mariñeros: “amarrar ben os barquitos
que o temporal vai cerca”

As gaivotas voan alto
e o ceu ponse escuro.
Ten precaución mariñeiro
que é mal tempo seguro.

Non ma despertedes paxariños á meniña,
non despertedes á miña parruliña.
Non ma despertedes paxariños a raiña,
non despertedes á miña ruliña.

Imos para a antita torre de pedra,
Campanario de mouros,
Do seu alto ollar a Ría é o tesouro.
Vexo a Toxa, o Grove, a “Illa” enteira,
San Vicente e Salvora;
Illa de antigas lendas
Onde tantos se afogaron
Nas augas que a rodean

Non ma despertedes paxariños á meniña,
non despertedes á miña parruliña.
Non ma despertedes paxariños a raiña,
non despertedes á miña ruliña.

Amigos: cando o cemiterio eu vaia
pídovos de corazón,
traédeme unha oración.

MADEIRA QUEIMADA
Letra e música: O Profeta de Alfaomega

Madeira queimada. madeira que quede no monte.
Madeira queimada: madeira que fique no bosque.
Madeira queimada: madeira que quede no monte.

¡Xa basta de hipocresía e cobardía, as árbores son a nosa vida;
celulosicas assasinas, madereiras terroristas!

Ei, bicho, bule, voa, lisca,
que non te colla o lume dos capitalistas.
Ei, bicho, bule, voa, lisca,
que non te colla o petroleo dos capitalistas.

O “Prestige” non foi un accidente;
foi un premeditado e deliberado
atentado terrorista dos capitalistas
e políticos fascistas...

MIÑA AMIGA, MEU ANXO DA GARDA
Letra e música: O Profeta de Alfaomega

As ondas do mar están tristes
e veñen paseniñas a praia a bater.
Meu corazón chora e xime
por non te ver.

Non podo vivir sen ti
e xa non torno a ser quen era,
numa noite de luar
un abrazo non se nega.

¡Ai, eu coitado!¡Ai, eu coitado como vivo!
¡Ai, eu coitado!¡Ai, eu coitado que non vivo!

Teus ollos son cunchas escuras
dun rosario de amarguras, Avemarías,
que eu lembro e rezo á noitiña
todos os días.

Chove miudiño, esta chuva ¿onde ven?
Ven dos meus ollos e do corazón tamén,
quen me dera ser escravo teu por un día
ter amor,
darche a miña vida.

Ai, eu coitado como vivo nun gran “fado”
por miña amiga que hei eu alonxado.
Moito me tarde en perdoar
miña amiga, meu anxo da garda.

Ai, eu coitado como vivo en gran desexo
por miña amiga que tarde e non vexo,
moito me tarde en perdoar
miña amiga, meu anxo da garda.

Un bico, un beixo o meu anxo da garda
moreniña cos teus ollos da cor da castaña.
Un bico, un beixo o meu anxo da garda,
que cheira a praia coa marea baixa.
Un bico, un beixo...
Ai, ai, ai, ai, la, le, lo...

AGORA APERTA, AMOR
Letra e música: O Profeta de Alfaomega

Teño de todo trincado
por mal dos meus pecados.
Teño de todo mercado,
por mor do meu diaño.
Teño de todo fumado, bebido e xantado... ¡legalización!

É tempo de colleita da “maría”,
“macoña” ou boa herba... ¡legalización!

Agora aperta amor,
aperta a miña centura,
a amizade que che teño non ten fin
na sepultura.
Non ten fin no sepultura a amizade que che teño,
da terra ti é a cousa mais bela,
a máis fermosa de todas as criatura.

A amizade que che teño non ten fin
na sepultura,
nunca máis me deixes só, ¡prégocho!
Perdoa a miña traizón
e agora aperta amor.

Monday, May 08, 2006

PROGRAMA


UTOPÍA-FORO CONVOCA O PRIMEIRO PREMIO DE CANCIÓN DE AUTOR “UTOPÍA SON”


Pretendemos con este premio, dentro das nosas cativas posibilidades, apoiar e provocar a aparición de cancións e intérpretes que se aparten dos trillados e manidos camiños nos que se move iso que se debería chamar canción popular e que en realidade habería que chamar subproductos musicais comerciais.
Con esta intención UTOPÍA-FORO convoca un premio de 600 € Á mellor canción inédita en calquera estilo musical.
Desexamos que o esforzo que supón para nós organizar e conceder este premio teña unha contestación de creatividade que axude, no que poida, a devolverlle á música popular a riqueza, variedade e calidade que noutro tempo tivo, e que hoxe está abafada polos intereses de rentabilidade comercial que as multinacionais do disco conqueriron impor.

PROGRAMACIÓN :
Concetos dos participantes en concurso:

Venres 5 de Maio: O Profeta de Alfaomega
Venres 12 de Maio:
Mitxinho
Venres 19 de Maio: Peter John Baldwin del Castillo
Venres 26 de Maio:
Xosé Constela Vega
Venres 2 de Xuño: Ataque Escampe
Venres 9 de Xuño:
Enrique Montalvo
Venres 16 de Xuño: David Álvarez Canoa
Sabado 17 de Xuño: Días Descalzos
Venres 23 de Xuño: Servando Barreiro Fernández
Venres 30 de Xuño: Julián Rodríguez González
Venres 14 de Xullo: Andrés González Shuttleworth
Martes 18 de Xullo: Julián Carballo Castro
Mércores 19 de Xullo:
Diego Freire
Xoves 20 de Xullo:
Xavier Rey
Venres 21 de Xullo:
Javier Pena
*Todos os concertos son ás 23:30 h no
“café uf” r/pracer 19 vigo

Sábado 22 de Xullo ás 20:30 : Conferencia - audición a cargo de
Pedro Román "A canción de cantautor"
Xoves 27 e venres 28 de Xullo ás 23:30 h:
Concerto dos finalistas
Sábado 29 de Xullo ás 23:30 h: Concerto dos gañadores

TODOS OS CONCERTOS REALZARÁN-SE NO
“CAFÉ UF” R/PRACER 19 VIGO


CICLO DE CINE E CANCIÓN
ABRIL-MAIO
30 de abril: "THE COMMITMENTS". Alan Parker, 1991 (1h, 53min)
07 de maio: "WOODSTOCK"
14 de maio: "THE LAST WALTZ" THE BAND
21 de maio: "LOS CHICOS DEL CORO". Christophe Barratier, 2004 (95 min)
28 de maio: "BAILANDO EN LA OSCURIDAD". Lars Von Trier, 2000 (140 min)
XUÑO
04 de xuño: "HAIR". Milos Forman, 1979 (2h)
11 de xuño: "NO DIRECTION HOME". (Dylan según Scorsese). Martin Scorsese, 2005 (204m)
18 de xuño: "IMAGINE". Andrew Solt, 1988 (102 min)
25 de xuño: "LITTLE VOICE". Mark Herman, 1998 (96 min)
XULLO
02 de xullo: "BAGDAG RAP". Arturo Cisneros, 2004 (75 min)
09 de xullo: "PINK FLOID: THE WALL". Alan Parker, 1982 (95 min)
16 de xullo: "LATCHO DROM". Tony Gatlif, 1992
23 de xullo: "EN LA CUERDA FLOJA". James Mangold, 2005 (2h, 16 min)
30 de xullo: "ESTÁ VIVO, BIEN Y VIVE EN PARÍS". Dennis Heroux, 1975 (90 min)

CICLO: 36 FILMACIÓNS DE
CANTAUTORES XENIAIS
martes 2 de maio: JOSE AFONSO Portugal
mércores 3 de maio: CHICO BUARQUE Brasil
xoves 4 de maio: CAETANO VELOSO Brasil
martes 9 de maio: RITA LEE Brasil
mércores 10 de maio: GILBERTO GIL Brasil
xoves 11 de maio: CESÁREA ÉVORA Cabo Verde
martes 16 de maio: JACQUES BREL (I) Bélxica
mércores 17 de maio: JACQUES BREL (II) Bélxica
xoves 18 de maio: JACQUES BREL (III) Bélxica
martes 23 de maio: LEO FERRÉ Francia
mércores 24 de maio: LLUIS LLACH Cataluña
xoves 25 de maio: MIKEL URDANGARÍN Euskadi
martes 30 de maio: Homenaxe a WOODY GUTHRIE USA
mércores 31 de maio: BOB DYLAN (I) USA
xoves 1 de xuño: BOB DYLAN (II) USA
martes 6 de xuño: TOM WAITS USA
mércores 7 de xuño: THE YEAR OF THE HORSE (Neil Young) Canadá
xoves 8 de xuño: JONHY MICHEL USA
martes 13 de xuño: BRUCE SPRINGSTEEN USA
mércores 14 de xuño: BEN HARPER USA
xoves 15 de xuño: JANIS JOPLIN USA
martes 20 de xuño: LEONARD COHEN Canadá
mércores 21 de xuño: PAOLO CONTE (I) Italia
xoves 22 de xuño: PAOLO CONTE (II) Italia
martes 27 de xuño: PETER GABRIEL Inglaterra
mércores 28 de xuño: STING Inglaterra
xoves 29 de xuño: MARIANNE FAITHFULL Inglaterra
martes 4 de xullo: MANU CHAO
mércores 5 de xullo: CAMARÓN (I)
xoves 6 de xullo: CAMARÓN (II)
martes 11 de xullo: SEVILLA CITY
mércores 12 de xullo: SIVAN PERWER Kurdistán
xoves 13 de xullo: OM KALSOUM Exipto
martes 18 de xullo: YOUSSON N'DOUR Senegal
mércores 19 de xullo: SALIF KEITA Zaire
xoves 20 de xullo: BJORK Islandia

*todos os pases son ás 20,30 h. no “café uf” r/Pracer 19 Vigo