Andrés González Shuttleworth
Cancións:
- CRAVADA NOS OLLOS
Letra e música: Andrés González Shuttleworth
Un home espertou despois dun longo soño:
o mar ante os seus ollos
en deserto tornou,
a serpe que levaba en lanza voltou.
O home sen dubidalo axeonllouse e a portou.
Leva maxia cravada nos ollos
leva maxia colgada no pescozo.
Un pobo asulagado saiu a terra outra vez,
o home coa súa lanza encheuno de prez.
Pasaron cen anos e o home morreu,
o pobo ardeu e coma un fénix renaceu.
Levan maxia cravada nos ollos,
levan maxia colgada no pescozo.
O pobo mirou ó mundo, o mundo mirou ó pobo
partiron a lanza e repartiron a plata.
O pobo tornou mundo, o mundo tornou pobo.
Alí onde partiron a lanza comezou a esperanza.
Levamos maxia cravada nos ollos,
levamos maxia colgada no pescozo.
- TRAVESÍA DO CORAZÓN
Letra e música: Andrés González Shuttleworth
Lume, terra, auga, aire.
Lume, mente colectiva
aínda que torne cobarde
non me separo da vida.
Cun sorriso luminoso
as últimas luces do porto.
Unha vez que embarco
fago toda a marea convosco.
Travesía do corazón
florecín no mar
rebelde das tormentas
ventos da ilusión.
Atopei na madrugada
unha illa perdida
metida nunca gaiola
no fondo do mare.
Quero facela miña
pero quedan en diante
moitos meses de mare
unha longa travesía.
Travesía do corazón
florecín no mar
rebelde das tormentas
ventos da ilusión. - EU T’AMEI
Letra e música: Andrés González Shuttleworth
O ceo rachaba
e o val era douro.
Entón eu souben
que xa non era teu.
E aínda que camiñes soa
non me podes dicir
que eu te esquecín.
Que me leve o demo se non te amei.
Que me leve o demo ó inferno con él.
A túa vida é preciosa
a miña unha podida.
Fun levado da man
como unha nena perdida.
E no teu corazón
xa non hai perdón.
Pero non me podes dicir
que son un ladrón.
Que me leve o demo se non te amei.
Que me leve o demo ó inferno con él.
As estrelas dixeron
que non era eu.
Foi o amor o que me cegou.
E agora que estás
lonxe de min
non me podes decir
que eu non sentín.
Que me leve o demo se non te amei.
Que me leve o demo ó inferno con él.
2 comments:
Orixinal e nada pedante. Moito mellor a primeira parte do concerto, cos temas en galego.Paseino moi ben.
Soaba bastante ben, sobre todo algúns temas de guitarra e armónica.O que me gustou menos foron algunhas letras que non parecían demasiado curradas.
Post a Comment